Requirimentos de emenda Escolas Abertas presenciais 2013

Listen to this page using ReadSpeaker
1541 lecturas
Anexo para descargar coas solicitudes que deben ser emendadas.
Estado: 
Procedemento pechado

ASUNTO: PUBLICACIÓN DOS REQUIRIMENTOS DE EMENDA DE DOCUMENTACIÓN DAS SOLICITUDES PRESENTADAS AO ABEIRO DA RESOLUCIÓN DO 8 DE MARZO DE 2013 DA SECRETARÍA XERAL DA EMIGRACIÓN, POLA QUE SE ESTABLECE E SE REGULA O PROGRAMA DE ESCOLAS ABERTAS PRESENCIAIS 2013 DESTINADAS ÁS COMUNIDADES GALEGAS NO EXTERIOR.

Examinadas as solicitudes presentadas ao abeiro da Resolución do 8 de marzo de 2013 da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establece e se regula o Programa de escolas abertas presenciais ano 2013 destinadas ás comunidades galegas no exterior (D.O.G. nº 53, do 15/03/2013), e de acordo co establecido no artigo 4º das bases reguladoras da devandita resolución, requírese ás/aos solicitantes que se relacionan no Anexo I para que no prazo de 10 días hábiles, contados a partir da publicación, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos.

De acordo co establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no caso de non emendar a falta ou achegar a documentación requirida no prazo antedito, terase por desistida da súa solicitude, logo de resolución que será ditada nos termos previstos no artigo 42 da citada Lei 30/1992.

Para calquera información poderán dirixirse á Secretaría Xeral da Emigración no seu enderezo na Rúa Basquiños, 2, CP 15704 de Santiago de Compostela ou aos números de teléfono 981 95 73 53 e 981 95 71 62.

As contestacións terán un carácter meramente informativo para o/a solicitante, sen que poidan ser invocadas para os efectos de interrupción ou suspensión de prazos, caducidade ou prescrición.

 

Data fin de prazo: 21.05.2013 (incluído)

Data de publicación: 
07.05.2013
Convocatoria asociada: