Requirimentos de Emenda de documentación de solicitudes de subvencións a concellos, mancomunidades e consorcios locais para desenvolver programas para favorecer procesos de acollida de retornados e inmigrantes extracomunitarios en Galicia no ano 2010

Listen to this page using ReadSpeaker
1530 lecturas
Publicación do listado anexo coas solicitudes que precisan emenda.
Estado: 
Procedemento pechado

Examinadas as solicitudes presentadas ao abeiro da Resolución do 16 de xullo de 2010, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regula a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións a concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais para a ralización de programas destinados a favorecer os procesos de  acollida e integración da poboación retornada e inmigrante extracomunitaria na Comunidade Autónoma galega durante o ano 2010, e de acordo co establecido no artigo 8 da devandita resolución, requírese ás entidades que se relacionan no Anexo para que no prazo de 10 días hábiles contados a partir da publicación emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos, en orixinal ou copia compulsada, indicados a cada entidade como motivo da emenda.

Advírtese que, segundo o artigo 71.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, de non emendar a falta ou achegar a documentación requirida no prazo antedito, se terá por desistida á entidade da súa petición, logo da correspondente resolución que será ditada nos termos previstos no artigo 42 da devandita lei.

Para calquera información poderán dirixirse á Secretaría Xeral da Emigración no seu enderezo na Rúa Basquiños, 2, CP 15704 de Santiago de Compostela ou aos números de teléfono 981 54 72 74 e 981 54 72 72.

Nas solicitudes de información deberá indicarse o medio elixido para a súa contestación, así como o número de expediente, que servirá como contrasinal persoal que permita a identificación como interesado no procedemento.

As contestacións terán un carácter meramente informativo para o solicitante, sen que poidan ser invocadas para os efectos de interrupción ou suspensión de prazos, caducidade ou prescrición.

Esta publicación realizarase simultaneamente no taboleiro de anuncios da Secretaría Xeral da Emigración e na páxina web www.galiciaaberta.com.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2010

O Xefe do Servizo de Programas e Atención Integral

Asdo.: Camilo Ríos Gestal

Data de publicación: 
17.09.2010
Documentación asociada
Documentación asociada
Listado de solicitudes de emenda129.56 KB