Requirimentos de emenda de documentación das solicitudes de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para desenvolver programas destinados a favorecer os procesos de acollida e integración da poboación inmigrante e retornada en Galicia no ano 2011.

Listen to this page using ReadSpeaker
2059 lecturas
Listado para descargar de entidades que deben emendar documentación.
Estado: 
Procedemento pechado

ASUNTO: PUBLICACIÓN DOS REQUIRIMENTOS DE EMENDA DE DOCUMENTACIÓN DAS SOLICITUDES PRESENTADAS AO ABEIRO DA RESOLUCIÓN DO 21 DE FEBREIRO DE 2011, DA SECRETARÍA XERAL DA EMIGRACIÓN, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA COMPETITIVA, DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA DESENVOLVER PROGRAMAS DESTINADOS A FAVORECER OS PROCESOS DE ACOLLIDA E INTEGRACIÓN DA POBOACIÓN INMIGRANTE E RETORNADA NA COMUNIDADE AUTÓNOMA GALEGA  PARA O ANO 2011

Examinadas as solicitudes presentadas ao abeiro da Resolución do 21 de febreiro de 2011, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regula a concesión, en réxime de concorrencia  competitiva, de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para  desenvolver programas destinados a favorecer os procesos de acollida e integración da poboación inmigrante e retornada na Comunidade Autónoma galega durante o ano 2011, e de acordo co establecido no artigo 13º da devandita resolución, requírese ás entidades que se relacionan no Anexo para que no prazo de 10 días hábiles contados a partir da publicación emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos, en orixinal ou copia compulsada, indicados a cada entidade como motivo da emenda.

Advírtese que, segundo o artigo 71.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, de non emendar a falta ou achegar a documentación requirida no prazo antedito, se terá por desistida á entidade da súa petición, logo da correspondente resolución que será ditada nos termos previstos no artigo 42 da devandita lei.

Para calquera información poderán dirixirse á Secretaría Xeral da Emigración no seu enderezo na Rúa Basquiños, 2, CP 15704 de Santiago de Compostela ou aos seguintes números de teléfono: 981 54 72 74 - 981 54 72 72 – 981 95 75 77.

Nas solicitudes de información deberá indicarse o medio elixido para a súa contestación, así como o número de expediente, que servirá como contrasinal persoal que permita a identificación como interesado no procedemento.

As contestacións terán un carácter meramente informativo para o solicitante, sen que poidan ser invocadas para os efectos de interrupción ou suspensión de prazos, caducidade ou prescrición.

Esta publicación realizarse simultaneamente no taboleiro de anuncios da Secretaría Xeral da Emigración e na páxina web www.galiciaaberta.com.

Anexo con listado de entidades (picar aquí para descargar)


Santiago de Compostela, 10 de maio de 2011
O subdirector xeral do Retorno e da Inmigración


Asdo.: Antonio Aguarón Turrientes

Data de publicación: 
10.05.2011