Requirimentos de emenda da documentación das solicitudes do programa "Escolas Abertas Presenciais 2010"

Listen to this page using ReadSpeaker
1383 lecturas
Publicación dos requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da resolución do 16 de marzo de 2010 da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establece e se regula o programa de Escolas Abertas Presenciais 2010.
Estado: 
Procedemento pechado

ASUNTO: PUBLICACIÓN DOS REQUIRIMENTOS DE EMENDA DE DOCUMENTACIÓN DAS SOLICITUDES PRESENTADAS AO ABEIRO DA RESOLUCIÓN DO 16 DE MARZO DE 2010 DA SECRETARÍA XERAL DA EMIGRACIÓN, POLA QUE SE ESTABLECE E SE REGULA O PROGRAMA DE ESCOLAS ABERTAS PRESENCIAIS 2010 DESTINADAS ÁS COMUNIDADES GALEGAS NO EXTERIOR

Examinadas as solicitudes presentadas ao abeiro da Resolución do 16 de marzo de 2010 da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establece e se regula o Programa de escolas abertas presenciais ano 2010 destinadas ás comunidades galegas no exterior (D.O.G. nº 55, do 23/03/2010), e de acordo co establecido no artigo 4º das bases reguladoras da devandita resolución, requírese aos solicitantes que se relacionan no Anexo I (nivel intermedio) e Anexo II (nivel avanzado) para que no prazo de 10 días hábiles, contados a partir da publicación, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos.

De acordo co establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no caso de non emendar a falta ou achegar a documentación requirida no prazo antedito, se terá por desistida da súa solicitude, logo de resolución que será ditada nos termos previstos no artigo 42 da citada Lei 30/1992.

Para calquera información poderán dirixirse á Secretaría Xeral da Emigración no seu enderezo na Rúa Basquiños, 2, CP 15704 de Santiago de Compostela ou aos números de teléfono 981 54 58 33 e 981 95 71 62.

As contestacións terán un carácter meramente informativo para o solicitante, sen que poidan ser invocadas para os efectos de interrupción ou suspensión de prazos, caducidade ou prescrición.

Nivel Descargar
Nivel Intermedio Descargar
Nivel Avanzado Descargar

 

Data de publicación: 
11.05.2010
Data fin de prazo: 
25.05.2010