Requirimento Nº 1 de emenda de documentación xustificativa do Programa C. Axudas para o acondicionamento e dotación e/ou renovación de fondos das bibliotecas pertencentes ás entidades galegas no exterior

Listen to this page using ReadSpeaker
1057 lecturas
Estado: 
Procedemento pechado

REQUIRIMENTO Nº 1 (*)


ASUNTO: PUBLICACIÓN DOS REQUIRIMENTOS Nº 1 DE EMENDA DA DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA PRESENTADA POLAS ENTIDADES GALEGAS QUE SE INDICAN AO ABEIRO DO PROGRAMA C. AXUDAS PARA O ACONDICIONAMENTO E DOTACIÓN E/OU RENOVACIÓN DE FONDOS DAS BIBLIOTECAS PERTENCENTES ÁS ENTIDADES GALEGAS NO EXTERIOR DA RESOLUCIÓN DO 24 DE NOVEMBRO DE 2010 DA SECRETARÍA XERAL DA EMIGRACIÓN, POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES REGULADORAS E SE CONVOCAN AS SUBVENCIÓNS CORRESPONDENTES AOS PROGRAMAS DE APOIO INFRAESTRUTURAL ÁS COMUNIDADES GALEGAS  NO EXTERIOR PARA O EXERCICIO 2011

Examinada a documentación xustificativa presentada polas entidades que se indican ao abeiro do Programa C. Axudas para o acondicionamento e dotación e/ou renovación de fondos das bibliotecas pertencentes ás entidades galegas no exterior da Resolución do 24 de novembro de 2010 da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as subvencións correspondentes aos programas de apoio infraestrutural ás comunidades galegas  no exterior para o exercicio 2011 (D.O.G. nº 230,  do 30/11/2010), e de acordo co establecido no artigo 46º do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, requírese ás entidades que se relacionan no Anexo para que no prazo de 10 días hábiles, contados a partir da publicación, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos, en orixinal ou copia compulsada, indicados para cada entidade como Motivo da emenda. A falta de presentación da documentación requirida no prazo establecido comportará a perda do dereito ao cobramento da subvención.

 Para calquera información poderán dirixirse á Secretaría Xeral da Emigración no seu enderezo na Rúa Basquiños, 2, C.P. 15704 Santiago de Compostela, ou aos números de teléfono 981 54 58 33 e 981 95 71 60. As contestacións ás solicitudes de información terán un carácter meramente informativo para a entidade solicitante, sen que poidan ser invocadas para os efectos de interrupción ou suspensión de prazos, caducidade ou prescrición.

A publicación destes requirimentos realizarase simultaneamente no taboleiro de anuncios da Secretaría Xeral da Emigración e na páxina web www.galiciaaberta.com, de acordo co establecido no artigo 15º da resolución de convocatoria.

-Anexo VII (picar aquí para descargar)
-Anexo VIII (picar aquí para descargar)

Nota: Os formularios online permiten cubrir os datos directamente sobre o formulario e a continuación imprimir o documento. Pero recorde que se garda o documento perderanse tódolos cambios realizados.


Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2011.

O subdirector xeral de Centros e Comunidades Galegas

Andrés Castro Bande



(*) Proximamente, con posterioridade ao vencemento do prazo de xustificación, publicarase o Requirimento Nº 2 deste programa, que incluirá o resto das entidades que tivesen presentado a documentación xustificativa e esta non estea completa.

Data de publicación: 
21.09.2011
Data fin de prazo: 
03.10.2011
Listas a convocatoria asociadas: