Requirimento de emenda da documentación xustificativa do Programa 2: Axudas ás entidades galegas no exterior para proxectos culturais, promovidos pola xuventude e accións informativas. Ano 2013
ASUNTO: PUBLICACIÓN DO REQUIRIMENTO DE EMENDA DA DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA PRESENTADA POLAS ENTIDADES QUE SE INDICAN AO ABEIRO DO PROGRAMA 2. AXUDAS ÁS ENTIDADES GALEGAS NO EXTERIOR PARA PROXECTOS CULTURAIS, PROMOVIDOS POLA XUVENTUDE E ACCIÓNS INFORMATIVAS DA RESOLUCIÓN DO 8 DE ABRIL DE 2013 DA SECRETARÍA XERAL DA EMIGRACIÓN POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES REGULADORAS E SE CONVOCAN AS SUBVENCIÓNS CORRESPONDENTES A PROGRAMAS DE ACTUACIÓN EN FAVOR DAS COMUNIDADES GALEGAS NO EXTERIOR PARA O EXERCICIO 2013
Examinada a documentación xustificativa presentada polas entidades que se indican ao abeiro do Programa 2. Axudas ás entidades galegas no exterior para proxectos culturais, promovidos pola xuventude e accións informativas da Resolución do 8 de abril de 2013 da Secretaría Xeral da Emigración pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as subvencións correspondentes a programas de actuación en favor das comunidades galegas no exterior para o exercicio 2013 (D.O.G. nº 73, do 16/04/2013), e de acordo co establecido no artigo 46º do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, requírese ás entidades que se relacionan no Anexo para que no prazo de 10 días hábiles, contados a partir da publicación, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos, en orixinal ou copia compulsada, indicados para cada entidade como Motivo da emenda. A falta de presentación da documentación requirida no prazo establecido comportará a perda do dereito ao cobramento da subvención.
Para calquera información poderán dirixirse á Secretaría Xeral da Emigración, no seu enderezo na Rúa Basquiños, 2, CP 15704 de Santiago de Compostela, ou aos números de teléfono 981 54 58 33 e 981 95 71 60. As contestacións ás solicitudes de información terán un carácter meramente informativo para a entidade solicitante, sen que poidan ser invocadas para os efectos de interrupción ou suspensión de prazos, caducidade ou prescrición.
A publicación destes requirimentos realizarase simultaneamente no taboleiro de anuncios da Secretaría Xeral de Emigración e na páxina web http://emigracion.xunta.es de acordo co establecido no artigo 14 da resolución de convocatoria.
- Listado de entidades (picar aquí para descargar)
- Modelos* de emenda correspondentes: Anexos IV e V (picar aquí para descargar)
*Nota: Os formularios online permiten cubrir os datos directamente sobre o formulario e a continuación imprimir o documento. Pero recorde que se garda o documento perderanse todos os cambios realizados.
Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2013.
O subdirector xeral da Emigración e das Comunidades Galegas
Ramón Brigos Fernández



