Publicación das Listas Provisionais das Solicitudes admitidas e excluídas do programa "Ven a Galicia, Ben en Galicia"
De acordo co disposto no artigo 8º.2 da resolución mencionada publicase a relación provisional de admitidos e excluídos, entendendo como solicitudes admitidas aquelas que levan a mención “COMPLETA” na columna ESTADO TRAMITACION. Todas as demais están provisionalmente excluídas, sinalando na columna ARTIGO QUE INCUMPRE e OBSERVACIÓNS o artigo e os motivos de incumprimento, aos efectos de identificar os documentos que se requiren.
Os interesados disporán dun prazo de dez días hábiles (ata o 14 de agosto de 2010) para formular as alegacións que consideren oportunas e para emendar a solicitude, para o que poderán utilizar o impreso de remisión de documentación/formulación de alegacións que se achega. Transcorrido ese prazo sen que se emenden as causas de exclusión considerarase desistido da súa petición, e procederase ao arquivo nos termos establecidos no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Descargar listado de admitidos e excluídos provisionais (PDF).



