Persoas seleccionadas e reservas do programa de axudas para a participación no programa “Campos de voluntariado” 2019

Listen to this page using ReadSpeaker
753 lecturas
Listados para descargar.
Estado: 
Procedemento pechado

Publicación dos listados de persoas seleccionadas e reservas do programa de axudas para a participación en Campos de Voluntariado (Resolución do 23 de abril de 2019, da Secretaría Xeral da Emigración, publicada no DOG Nº 85 do 6 de maio) como resultado da realización do sorteo público daquelas prazas, nas que o número de solicitudes admitidas supera ao número de prazas convocadas para cada país.

De acordo co artigo 8.5 (paragrafo 4º) da convocatoria, as persoas interesadas que quixesen modificar as datas de retorno, disporán de 3 días hábiles (ata o 22 de xullo) para modificalas por escrito. Debido á proximidade das datas da viaxe, só se aceptarán aquelas solicitudes de cambio de retorno debidamente xustificadas coa correspondente documentación.

NOTA ACLARATORIA SOBRE AS DATAS DE RETORNO:

  • Retorno 1: Solicitantes que desexan regresar ao rematar a actividade.
  • Retorno 2: Solicitantes que desexan quedar unha quincena en Galicia logo de rematar a actividade.
  • Retorno 3: Solicitantes que desexan quedar un mes en Galicia logo de rematar a actividade.

As peticións de cambios de retorno teñen que presentalas a través de e-mail no enderezo electrónico accion.social.emigracion@xunta.gal.

Listados de persoas seleccionadas en Campos de Voluntariado
(por países)
Arxentina Descargar
Brasil Descargar
Cuba Descargar
Uruguai Descargar
Venezuela Descargar

 

As reservas segundo o país, expóñense a continuación ordenadas por número de reserva:

Listados de reservas en Campos de Voluntariado (por países)
País Financiamento 100% Financiamento 50%
Arxentina Descargar Descargar
Brasil Descargar  
Cuba Descargar  
Uruguai Descargar Descargar
Venezuela Descargar  

NOTA: As actividades desenvolveranse do día 20 ao 29 de agosto no Albergue Xuvenil Benigno Quiroga en Portomarín.

Data de publicación: 
17.07.2019