Listaxes provisionais das solicitudes requiridas, admitidas e excluídas do programa de “obradoiros de folclore, artesanía, cociña e seminarios de cultura galega nas entidades galegas do exterior”. Ano 2017

Listen to this page using ReadSpeaker
1846 lecturas
Listados para descargar
Estado: 
Procedemento pechado

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DAS SOLICITUDES ADMITIDAS E  EXCLUÍDAS ASI COMO DAS ENTIDADES SOLICITANTES ADMITIDAS ÁS QUE SE LLES REQUIRE DOCUMENTACIÓN, PARA A PARTICIPACIÓN NOS OBRADOIROS DE FOLCLORE, ARTESANÍA, COCIÑA E SEMINARIOS DE CULTURA GALEGA NAS ENTIDADES GALEGAS DO EXTERIOR 2017 (Resolución do 5 de abril de 2017, da Secretaría Xeral da Emigración, publicada no DOG Nº 73 do 17 de abril).

De acordo co disposto no artigo 10.1 da resolución mencionada, expirado o prazo de presentación de solicitudes e comprobado que as mesmas reúnen os requisitos establecidos, publícanse as listas provisionais de solicitudes admitidas e excluídas.

As solicitudes admitidas levan a mención “COMPLETA” na columna ESTADO DA SOLICITUDE, as solicitudes incompletas levan a mención “REQUIRIR” e as excluídas aparecen coa mención "EXCLUÍDA".

Na columna ARTIGOS QUE INCUMPRE e OBSERVACIÓNS indícase a base e os motivos de incumprimento, aos efectos de identificar os documentos que se requiren ou as causas de exclusión.

As Entidades disporán dun prazo de dez días hábiles (ata o 21 de xuño de 2017) para achegar documentación ou formular alegacións. Transcorrido ese prazo sen que se emenden as causas de exclusión, consideraranse desistidas da súa petición, e procederase ao arquivo nos termos establecidos no artigo 68.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

 

Data de publicación: 
07.06.2017
Data fin de prazo: 
21.06.2017