Listaxes de persoas seleccionadas para a participación no programa "Escolas Abertas" 2019
Publicación das listaxes das persoas solicitantes seleccionadas no programa de axudas para a participación no programa "Escolas Abertas" (Resolución do 5 de marzo de 2019, da Secretaría Xeral da Emigración, publicada no DOG Nº 54 do 18-03-2019).
De acordo co disposto no artigo 10 da convocatoria publícase a relación definitiva de persoas beneficiarias para a participación no programa de Escolas Abertas 2019 por modalidades.
As resolucións que se diten neste procedemento esgotan a vía administrativa, e contra elas cabe interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da relación de persoas beneficiarias, de acordo co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Así mesmo, poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da relación de persoas beneficiarias, de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.
- Debido á proximidade das datas de realización do programa, só se autorizarán cambios nas datas de retorno das persoas seleccionadas ata como moi tarde, o próximo luns día 17 de xuño, conforme ao recollido no punto 6 do artigo 10 da Resolución de convocatoria.
NOTA ACLARATORIA SOBRE AS DATAS DE RETORNO:
- Retorno 1: solicitantes que desexan regresar ao rematar a actividade.
- Retorno 2: Solicitantes que desexan quedar aproximadamente 15 días coa súa familia en Galicia, despois de rematar a actividade.
- Retorno 3: Solicitantes que desexan quedar aproximadamente un mes coa súa familia en Galicia, despois de rematar a actividade.
As peticións de cambios de retorno deberán presentarse a través do correo electrónico no enderezo electrónico: accion.social.emigracion@xunta.gal.
| ESCOLAS ABERTAS 2019 - SELECCIONADOS/AS | ||
|---|---|---|
| Modalidade | Listado | |
| Baile tradicional galego | Descargar | |
| Canto popular e pandeireta | Descargar | |
| Gaita tradicional galega | Descargar | |
| Percusión tradicional galega | Descargar | |
| Confección de traxe tradicional galego | Descargar | |
NOTA 1: En aplicación do artigo 3 da Resolución do 5 de marzo de 2019 (D.O.G. nº 54 do 18 de marzo de 2019), acórdase non realizar o Obradoiro de formación de persoal directivo por non alcanzar o número mínimo de 8 solicitudes admitidas.
NOTA 2: os cursos desenvolveranse no CRD de Ourense, dos días 11 a 24 de xullo.
Programa: picar aquí para descargar



