Listaxes de persoas seleccionadas e reservas do programa "Reencontros na Terra" 2017
Resolución do 27 de xuño de 2017, da Secretaría Xeral da Emigración, publicada no DOG núm. 125, do 3 de xullo.
De acordo co disposto no artigo 9.5 da orde da convocatoria publícase a relación de persoas seleccionadas e reservas. A selección foi realizada segundo o establecido no artigo 10 “Criterios de selección”.
| País | Prazas adxudicadas | Listado |
|---|---|---|
| Arxentina | 71 | Descargar |
| Brasil | 2 | Descargar |
| Cuba | 5 | Descargar |
| Uruguai | 33 | Descargar |
| Venezuela | 24 | Descargar |
Segundo a Resolución da convocatoria a duración do programa será dende o día 3 ao 16 de outubro de 2017. As datas s de retorno solicitadas polas persoas participantes só poderán ser modificadas pola Secretaría Xeral da Emigración, previa solicitude da persoa interesada dentro dos tres días dende a publicación na páxina web das listaxes de persoas seleccionadas. Só se concederán cambios de retorno por causas debidamente xustificadas.



