Listaxes definitivas de solicitudes admitidas e excluídas do programa "Conecta con Galicia" ano 2018 (Actividades ao aire libre) - 2ª quenda
Publicación das listaxes definitivas de solicitudes admitidas e excluídas do programa de axudas para a participación no programa "Conecta con Galicia" (Resolución do 21 de marzo de 2018, da Secretaría Xeral da Emigración, publicada no DOG Nº 66 do 5 de abril) de Arxentina, Brasil, Cuba, Uruguai e resto de España.
Naqueles casos en que o número de solicitudes admitidas sexa superior ao número de prazas ofertadas para cada país, a selección final de persoas beneficiarias realizarase por sorteo público.
O sorteo público celebrarase, nas dependencias da Secretaria Xeral da Emigración, sita na praza Mazarelos, número 15 de Santiago de Compostela, o día 13 de xuño, ás 9:00 h.
| CONECTA CON GALICIA Listaxes definitivas de solicitudes admitidas e excluídas (2ª quenda) |
||
|---|---|---|
| País | Listado | Data de publicación |
| Arxentina | Descargar | 12 de xuño de 2018 |
| Brasil | Descargar | 12 de xuño de 2018 |
| Cuba | Descargar | 12 de xuño de 2018 |
| Uruguai | Descargar | 12 de xuño de 2018 |
| Venezuela* | Descargar | 14 de xuño de 2018 |
| Resto de España | Descargar | 12 de xuño de 2018 |
*O sorteo público correspondente ás prazas de Venezuela realizarase nas dependencias da Secretaria Xeral da Emigración, sita na praza Mazarelos nº 15 de Santiago de Compostela, o día 15 de xuño ás 8:30 h.



