Listaxe provisional de solicitudes admitidas, excluídas, así como daquelas ás que se lles require documentación, para a participación no programa de Escolas Abertas 2024

Listen to this page using ReadSpeaker

Avísame

410 lecturas
Listados para descargar
Estado: 
Procedemento aberto

PUBLICACIÓN DA LISTAXE PROVISIONAL DAS SOLICITUDES ADMITIDAS E EXCLUÍDAS, ASÍ COMO DAQUELAS ÁS QUE SE LLES REQUIRE DOCUMENTACIÓN, PARA A PARTICIPACIÓN NO PROGRAMA DE ESCOLAS ABERTAS 2024 (Resolución do 29 de decembro de 2023, da Secretaría Xeral da Emigración, publicada no DOG Núm. 30 do 12 de febreiro) 

De acordo co disposto no artigo 10.3 da resolución, publícase a lista provisional de solicitudes admitidas e excluídas, e ábrese o prazo para emendar a solicitude ou formular alegacións. 

As solicitudes admitidas levan a mención “COMPLETA” na columna ESTADO DA SOLICITUDE, as solicitudes incompletas levan a mención “REQUIRIDA” e un código para os efectos de identificar os documentos que se requiren. 

Na listaxe de EXCLUÍDAS figuran os motivos de incumprimento nun código, para os efectos de identificar as causas de exclusión da solicitude da entidade ou dalgunha das modalidades solicitadas. 

As entidades interesadas disporán dun prazo de dez días hábiles (ata o 20 de maio de 2024) para achegar documentación/formular alegacións. Transcorrido ese prazo sen achegar a documentación requirida, ou non emendar o/s defecto/s sinalados, esta secretaría poderá considerar que esa entidade desiste da solicitude ou aplicarlle a puntuación mínima do baremo no concepto que corresponda. As entidades solicitantes poderán consultar o texto completo das bases ao final desta páxina.

Escolas Abertas 2024
Solicitudes admitidas e requiridas
Solicitudes excluídas

 

Data de publicación: 
02.05.2024
Data fin de prazo: 
20.05.2024