Listaxe das solicitudes admitidas e excluídas do programa de “Obradoiros de folclore, artesanía, cociña e seminarios de cultura galega nas entidades galegas do exterior”. Ano 2018

Listen to this page using ReadSpeaker
267 lecturas
Listado para descargar
Estado: 
Procedemento pechado

PUBLICACIÓN DA LISTAXE DE SOLICITUDES ADMITIDAS E EXCLUÍDAS PARA A PARTICIPACIÓN NOS OBRADOIROS DE FOLCLORE, ARTESANÍA, COCIÑA E SEMINARIOS DE CULTURA GALEGA NAS ENTIDADES GALEGAS DO EXTERIOR 2018 (Resolución do 5 de abril de 2018, da Secretaría Xeral da Emigración, publicada no DOG Nº 75 do 18 de abril).

De acordo co disposto no artigo 10.1 da resolución mencionada, expirado o prazo de presentación de solicitudes e comprobado que as mesmas reúnen os requisitos establecidos, publícanse as listas de solicitudes admitidas e excluídas. 

As solicitudes admitidas levan a mención “COMPLETA” na columna ESTADO DA SOLICITUDE e as excluídas aparecen coa mención "EXCLUÍDA". 

Na columna ARTIGOS QUE INCUMPRE e OBSERVACIÓNS indícase a base e os motivos de incumprimento, aos efectos de identificar as causas de exclusión.

Listado de solicitudes picar aquí para descargar
Data de publicación: 
08.06.2018