Listas provisionais do programa "Escolas Abertas do exterior 2009" (Bos Aires e Uruguai)

Listen to this page using ReadSpeaker
1201 lecturas
A Resolución da Secretaría Xeral da Emigración do 17 de marzo de 2009 dispón que expirado o prazo de presentación de solicitudes e comprobado que as solicitudes e documentación reúnen os requisitos establecidos nas correspondentes bases, elaboraranse as listas provisionais.
Estado: 
Procedemento pechado

A Base quinta (publicación das relacións das persoas seleccionadas) da Resolución da Secretaría Xeral da Emigración do 17 de marzo de 2009 (DOG nº 60 do 27 de marzo), pola que se convoca o Programa de Escolas Abertas presenciais 2009 destinadas aos cidadáns galegos residentes no exterior, dispón que expirado o prazo de presentación de solicitudes e comprobado que as solicitudes e documentación reúnen os requisitos establecidos nas correspondentes bases, elaboraranse as listas provisionais.

Nestas listas provisionais faranse constar para cada curso as persoas admitidas que teñan a documentación completa, as persoas que presentaran a documentación incompleta (indicando a documentación pendente de aportar) e as persoas excluídas (indicando a causa de exclusión). Así mesmo establecerase o número correspondente de reservas por curso.

Tamén se fai publica a Resolución do 12 de Xuño de 2009, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se suspende a realización de determinados cursos previstos dentro do programa de Escolas Abertas Presenciais 2009.

Tipo Bos Aires - Arxentina Montevideo - Uruguai
Gaita tradicional galega Descargar  
Baile tradicional galego Descargar  Descargar
Relación de documentación solicitada.

 Os interesados disporán dun prazo de quince días hábiles a contar desde o seguinte ao desta publicación na páxina web www.galiciaaberta.com para formular as alegacións que consideren oportunas e para a subsanación da solicitude. Transcorrido ese prazo sen que se emenden as causas de exclusión ou presenten a documentación requirida, consideraranse desistidos da súa petición nos termos establecidos no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Data de publicación: 
15.06.2009
Data fin de prazo: 
02.07.2009