Listas provisionais de admitidos e excluidos ao sorteo de Campamentos e Campos de Traballo para Arxentina e Venezuela 2010

Listen to this page using ReadSpeaker
1624 lecturas
Publicación das listas provisionais de admitidos ao sorteo, solicitantes aos que se lles require documentación e excluídos do programa de axudas para a participación en actividades de Campamentos e Campos de Traballo
Estado: 
Procedemento pechado

(Resolución do 4 de marzo, da Secretaría Xeral da Emigración, publicada no DOG Nº47 do 10-03-2010).

De acordo co disposto no artigo 4º.2 das bases reguladoras da resolución mencionada publicase a relación provisional de admitidos ao sorteo, solicitantes aos que se lles require documentación e excluídos para o país de ARXENTINA E VENEZUELA, entendendo como:

  • Solicitudes admitidas ao sorteo: as que levan a mención “COMPLETA” na columna “observacións”.
  • Solicitudes ás que se lles require documentación: deberán presentar a documentación que figura na columna “observacións”. Para unha maior comprensión do texto deberán consultar a nota aclaratoria sobre a documentación a presentar (DOC / PDF).
  • Solicitudes provisionalmente excluídas: aquelas outras que figuran como EXCLUÍDA na columna observacións, sinalando na columna CAUSAS_EXCLU e ART_EXC os motivos. Xúntase unha lista na que se explican os artigos (número e letra) que figuran na columna ART_EXC, aos efectos de identificar os motivos da súa exclusión.

Os interesados disporán dun prazo de dez días hábiles (ata o 26 DE MAIO INCLUSIVE) para formular as alegacións que consideren oportunas e para completar a solicitude. Esta documentación deberá presentarse na entidade colaboradora para que faga a súa remisión a Secretaría Xeral da Emigración ou ben remitilas directamente o interesado a esta secretaría xeral (fax número 981/54 72 95), xunto co modelo que se achega:Descargar modelo (DOC / PDF)

Transcorrido ese prazo sen que se complete a documentación considerarase desistido da súa petición, e procederase ao arquivo da súa solicitude nos termos establecidos no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

País Campamentos Campos de Traballo Prazo de presentación
Arxentina Descargar Descargar 26 de Maio (inclusive)
Venezuela Descargar Descargar 26 de Maio (inclusive)


Nota aclaratoria sobre a documentacion a aportar e causas de exclusion (DOC / PDF)

Data de publicación: 
12.05.2010