Listados provisionais das solicitudes admitidas, excluídas e requiridas do programa “Reencontros na Terra”. Ano 2019
Publicación das listaxes provisionais das solicitudes admitidas, excluídas e requiridas do programa "Reencontros na Terra" 2019 (Resolución do 29 de marzo de 2019 da Secretaría Xeral da Emigración, publicada no DOG nº 74, do 16 de abril de 2019).
De acordo co disposto no artigo 10.5 da convocatoria publícase a relación provisional de solicitudes admitidas, excluídas e requiridas, correspondentes a Arxentina, Uruguai, Cuba, Brasil e Venezuela.
As persoas interesadas disporán dun prazo de dez días hábiles desde a publicación na páxina web https://emigracion.xunta.gal (o prazo remata o 17/07/2019) para formularen as alegacións que consideren oportunas e para emendar a solicitude. Transcorrido este prazo sen que se emenden as causas de exclusión, consideraranse desistidas da súa petición que se arquivará nos termos establecidos na Lei 39/2015, do 01 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
| País | Listado | Data publicación | Data fin emenda |
|---|---|---|---|
| Arxentina | Descargar | 3 xullo 2019 | 17 xullo 2019 |
| Brasil | Descargar | 3 xullo 2019 | 17 xullo 2019 |
| Cuba | Descargar | 3 xullo 2019 | 17 xullo 2019 |
| Uruguai | Descargar | 3 xullo 2019 | 17 xullo 2019 |
| Venezuela | Descargar | 3 xullo 2019 | 17 xullo 2019 |
Para formularen alegacións ou achegaren documentación complementaria co fin de emendar a solicitude:
- No caso de Brasil, Cuba e Venezuela débese empregar este modelo (picar aquí para descargar en word) (picar aquí para descargar en pdf)
- No caso de Uruguai débese empregar este modelo (picar aquí para descargar en word) (picar aquí para descargar en pdf)
- No caso de Arxentina débese empregar este modelo (picar aquí para descargar en word) (picar aquí para descargar en pdf)
Notas:
- Con posterioridade publicaranse os listados definitivos das solicitudes admitidas e excluídas e logo os das persoas seleccionadas e as reservas.



