Listados provisionais de admitidos/as, excluídos/as e requiridos/as do programa “Reencontros na casa”. Ano 2014
Publicación das listas provisionais das solicitudes admitidas, excluídas e requiridas do programa "Reencontros na Casa" 2014 (Resolución do 11 de febreiro de 2014 da Secretaría Xeral da Emigración, publicada no DOG nº 33 do 18 de febreiro).
De acordo co disposto no artigo 9.5 publícanse as listas provisionais das persoas admitidas e excluídas, correspondentes a Arxentina, Brasil, Cuba, Uruguai e Venezuela.
As persoas interesadas disporán dun prazo de dez días hábiles desde o día seguinte a publicación na páxina web http://emigracion.xunta.es, para formularen as alegacións que consideren oportunas e para a emenda da solicitude. Este prazo remata o 30 de abril de 2014. Transcorrido este prazo sen que se emenden as causas de exclusión, consideraranse desistidos/as da súa petición, e procederase ao seu arquivo nos termos establecidos no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
País | Listaxe |
---|---|
Arxentina | Descargar |
Brasil | Descargar |
Cuba | Descargar |
Uruguai | Descargar |
Venezuela | Descargar |
Para formular alegacións ou achegar documentación complementaria co fin de emendar a solicitude:
- No caso de Arxentina débese empregar este modelo (picar aquí para descargar en word) (picar aquí para descargar en pdf)
- No caso de Uruguai débese empregar este modelo (picar aquí para descargar en word) (picar aquí para descargar en pdf)
- No resto dos países débese empregar este modelo (picar aquí para descargar en word) (picar aquí para descargar en pdf)
Nota: Con posterioridade publicaranse os listados definitivos das persoas admitidas e excluídas e, logo, os das persoas seleccionadas e as reservas.