Listados definitivos das solicitudes admitidas, excluídas e renuncias do programa "Reencontros na casa" 2016

Listen to this page using ReadSpeaker
957 lecturas
Publicación das listaxes definitivas das solicitudes admitidas, excluídas e renuncias do programa "Reencontros na Casa" 2016.
Estado: 
Procedemento pechado

Resolución do 9 de decembro de 2015 da Secretaría Xeral de Emigración, publicada no DOG nº 240 do 17/12/2015.

De acordo co disposto no artigo 9.5 da orde da convocatoria publícase a relación definitiva das persoas admitidas, excluídas e renuncias. Enténdense como solicitudes admitidas aquelas que levan a mención “COMPLETA” na columna EST_TRAM_WEB e todas as demais están definitivamente excluídas sinalando a base incumprida e o motivo de exclusión nas correspondentes columnas. Así mesmo, publícanse as renuncias producidas ata o momento.

País Data de publicación Listado
Arxentina 26 de abril de 2016 Descargar
Brasil 26 de abril de 2016 Descargar
Cuba 26 de abril de 2016 Descargar
Uruguai 26 de abril de 2016 Descargar
Venezuela 26 de abril de 2016 Descargar


NOTA: Advertimos que se aparece como admitido/a nas listaxes definitivas, isto non  quere dicir que sexa beneficiario/a do programa, xa que nos vindeiros días sairán as listas das persoas seleccionadas que viaxaran no programa Reencontros na Casa 2016, así como o listado de reservas.

Data de publicación: 
26.04.2016