Listado provisional de admitidos e excluídos do programa "Ven a Galicia, ben en Galicia" 2009

Listen to this page using ReadSpeaker
1232 lecturas
De acordo co disposto no artigo 7º.2 da resolución mencionada publicase a relación provisional de admitidos e excluídos.
Estado: 
Procedemento pechado

De acordo co disposto no artigo 7º.2 da resolución mencionada publicase a relación provisional de admitidos e excluídos, entendendo como solicitudes admitidas aquelas que levan a mención “COMPLETA” na columna ESTADO TRAMITACION. Todas as demais están provisionalmente excluídas, sinalando na columna ARTIGO QUE INCUMPRE e OBSERVACIÓNS o artigo e os motivos de incumprimento, aos efectos de identificar os documentos que se requiren.

Os interesados disporán dun prazo de dez días hábiles (ata o 22 de outubro de 2009) para formular as alegacións que consideren oportunas e para emendar a solicitude, para o que poderán utilizar o impreso de remisión de documentación/formulación de alegacións que se achega.

Transcorrido ese prazo sen que se emenden as causas de exclusión considerarase desistido da súa petición, e procederase ao arquivo nos termos establecidos no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Os solicitantes poderán consultar o texto completo dos artigos áo final desta páxina. Asi mesmo para aqueles que desexen aportar documentación suxírese usar o modelo que se xunta.

Descargar listado de admitidos e excluídos provisionais (PDF)

Descargar modelo para formular alegacións (PDF / DOC)

Data de publicación: 
09.10.2009
Data fin de prazo: 
22.10.2009