Listado provisional de admitidos e excluídos no programa "Ven a Galicia, Ben en Galicia". Ano 2011
Publicación das listas provisionais das solicitudes admitidas e excluídas do programa "Ven a Galicia, Ben en Galicia 2011" (Resolución do 23 de decembro de 2010 da Secretaría Xeral da Emigración, publicada no DOG nº 3 do 05/01/2011).
Os interesados disporán dun prazo de dez días hábiles (ata o 8 de abril de 2011) para formular as alegacións que consideren oportunas e para emendar a solicitude, para o que poderán utilizar o impreso de remisión de documentación/formulación de alegacións que se achega. Transcorrido ese prazo sen que se emenden as causas de exclusión considerarase desistido da súa petición, e procederase ao arquivo nos termos establecidos no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Os solicitantes poderán consultar o texto completo dos artigos ao final do listado que se achega. Asi mesmo para aqueles que desexen aportar documentación suxírese usar o modelo que se xunta.
Listado provisional de admitidos e excluídos (picar aquí para descargar)
Modelo para formular alegacións (picar aquí para descargar en word | picar aquí para descargar en pdf)



