Listado de bolsas concedidas para a realización de estudos no curso 2009-10

Listen to this page using ReadSpeaker
1401 lecturas
Resolución do 28 de outubro de 2009 da Secretaría Xeral da Emigración pola que se acorda facer pública a relación de candidatos que obtiveron bolsa ao abeiro da resolución do 25 de xullo de 2009.
Estado: 
Procedemento pechado

Resolución do 28 de outubro de 2009 da Secretaría Xeral da Emigración pola que se acorda facer pública a relación de candidatos que obtiveron bolsa ao abeiro da resolución do 25 de xullo de 2009 pola que se establecen e regulan os programas de bolsas destinadas aos cidadáns galegos residentes no exterior para a realización de estudos universitarios e de formación profesional durante o curso académico 2009-2010, así como a relación das solicitudes denegadas.

Descargar listado de axudas concedidas

Descargar listado de axudas denegadas

Aceptación, xustificación e pagamento da axuda

Unha vez publicada a resolución, os interesados PROPOSTOS COMO BENEFICIARIOS disporán do prazo de 10 días para a súa aceptación. Transcorrido este prazo sen que se produza manifestación expresa a axuda entenderase tacitamente aceptada.

No caso de renunciar á bolsa o interesado deberá comunicalo por escrito á Secretaría Xeral da Emigración motivando a súa renuncia.

Os beneficiarios relacionados no Anexo I deberán remitir á Secretaría Xeral da Emigración no prazo de 30 días, contados desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, a seguinte documentación:

a) Xustificante orixinal ou debidamente cotexado que acredite a realización da matrícula dos estudos que se vaian a realizar no que conste o cuño da entidade bancaria. No caso de pagamento por transferencia bancaria deberán achegar certificación do banco ou da facultade conforme se fixo o pago da matrícula.

b) No caso de concesión de axuda de viaxe, deberá achegar a factura correspondente ou documentación xustificativa que acredite a realización da viaxe e o seu pagamento (factura que confirme o pago da pasaxe e resgardo do billete de avión a nome do beneficiario da axuda con data posterior ao 1 de xullo de 2009).

c) Certificación do número de conta bancaria da que o solicitante da bolsa sexa titular. No número de conta constará o código conta cliente, comprensivo dos códigos que identifican o banco, a oficina, o díxito de control e o númerop da conta en que se aboará o importe da bolsa.

d) Declaración xurada de que non ten concedidas outras bolsas ou axudas financiadas con fondos públicos ou privados, así como soldos ou salarios que impliquen vinculación contractual ou estatutaria do bolseiro ou calquera tipo de ingresos pola prestación de servizos profesionais ou a realización de traballo remunerado.

e) Enderezo a efecto de notificacións e teléfono de contacto en Galicia.

f) Declaración responsable de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e coa seguridade social e de don ter débedas coa Administración Pública da Comunidade Autónoma de Galicia. Transcorrido este prazo sen que se achegue a citada documentación, considerarase que o/a interesado/a renuncia á bolsa concedida.

Transcorrido este prazo sen que o citado achegue a citada documentación, considerarase que o/a interesado/a renuncia á bolsa concedida

Data de publicación: 
29.10.2009
Data fin de prazo: 
10.11.2009