Listado de admitidos e excluídos nos cursos de "Escolas Abertas 2009" que se celebrarán en Santiago de Compostela para residentes en Cuba
Esta Convocatoria especifica o número de prazas asignadas a cada país, o cal permite resolver de xeito independente as distintas solicitudes presentadas a medida que se vaian completando a documentación dos respectivos expedientes.
Tendo en conta a avaliación dos expedientes realizada pola Comisión Avaliadora segundo os criterios de valoración previstos na base cuarta dos Programa I e II da citada resolución e vista a proposta de resolución definitiva efectuada polo órgano instrutor, esta Secretaría Xeral, en base ao sometemento a un réxime de concorrencia competitiva das solicitudes tal como recolle a Lei de subvencións de Galicia, e dado que os trámites para a saída dos participantes orixinarios de Cuba implican legalizacións e autorizacións de distintos órganos, a fin de que os citados trámites podan estar finalizados antes do 20 de xuño de 2009.
RESOLVE
Estimar, segundo a proposta do órgano instrutor, as solicitudes e as persoas propostas polas entidades galegas orixinarias de Cuba relacionadas no Anexo I, para a realización dos cursos que en cada caso se sinalan, dentro do Programa Escolas Abertas 2009, que terá lugar dende o día 13 ao 22 de xullo en Santiago de Compostela.
Desestimar as solicitudes e as persoas propostas polas entidades galegas orixinarias de Cuba relacionadas no Anexo II polos motivos que se indican.
Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, xulgado contencioso administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da recepción da súa notificación, segundo o previsto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Potestativamente, e con anterioridade á interposición do referido recurso contencioso-administrativo, poderá interpoñer recurso de reposición ante o Secretario Xeral de Emigración no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da recepción da súa notificación, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Neste caso non poderá interpoñerse o recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto o recurso de reposición.