Aprobación Definitiva Listas Formadores Colaboradores 2010
O Secretario Xeral da Emigración aprobou a actualización das listas definitivas de formadores colaboradores, proposta pola Comisión Avaliadora prevista no artigo 6 da Resolución do 13 de maio de 2008, pola que se establece unha convocatoria de listas de formadores colaboradores para impartir seminarios fóra de Galicia.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante a Secretaría Xeral da Emigración no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación destas listas, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa.
![]() Documentación asociada | |
|---|---|
| 27.65 KB | |
| 21.5 KB | |
| 21.3 KB | |
| 32.08 KB | |
| 26.46 KB | |
| 22.4 KB |




