Subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora das persoas galegas retornadas e dos/as seus/súas descendentes na Comunidade Autónoma Galega para o ano 2019

Listen to this page using ReadSpeaker
2764 lecturas
Información e instrucións para a cumprimentación de solicitudes.
Resolución da convocatoria: 
Resolución do 11 de xuño de 2019, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega das persoas galegas retornadas e dos seus descendentes, e se convocan para o ano 2019.
Entidade: 
Secretaría Xeral da Emigración
Data de publicación: 
17.06.2019
Estado: 
Procedemento pechado

Obxecto:
Promover o retorno das persoas galegas retornadas a través do fomento do autoemprego e a actividade emprendedora das persoas galegas retornadas e dos seus descendentes na Comunidade Autónoma galega, subvencionando o seu establecemento como traballadores/as autónomos/as ou por conta propia, ou como socios/as traballadores/as de sociedades mercantís, laborais ou cooperativas de traballo asociado.

Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas subvencións as seguintes persoas, que residindo fóra de España, se establezan na Comunidade Autónoma galega:

  1. As persoas galegas e nacidas en Galicia.
  2. Os/as cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal e os/as descendentes das persoas galegas e nacidas en Galicia.
  3. As persoas beneficiarias das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior convocadas pola Secretaría Xeral da Emigración.

Requisitos

  1. Requisitos comúns.
    Todas as persoas solicitantes deberán cumprir os seguintes requisitos:
    a) Acreditar a condición de persoa beneficiaria de acordo co disposto no apartado anterior.
    b) Estar en posesión da nacionalidade española antes do retorno a España.
    c) Non ter transcorrido máis de dous anos entre a data do seu retorno a España e a data de presentación da solicitude de axuda ao abeiro da resolución de convocatoria.
    d) Residir e exercer a súa actividade laboral ou profesional na Comunidade Autónoma de Galicia.
    e) Non ter sido beneficiaria desta axuda para a mesma actividade ao abeiro de anteriores convocatorias.
    f) Non incorrer en ningunha das circunstancias e prohibicións para obter a condición de beneficiario de subvencións enumeradas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
  2. Requisitos específicos.
    Ademais dos requisitos comúns, as persoas solicitantes deberán cumprir os seguintes requisitos, segundo se trate de traballadores/as autónomos/as ou por conta propia ou socios/as traballadores/as de sociedades mercantís, laborais ou de cooperativas de traballo asociado.

2.1 Traballadores/as autónomos/as ou por conta propia:
a) Ser titular dun negocio ou explotación ou formar parte dunha sociedade civil ou comunidade de bens. Neste caso, a entidade deberá estar constituída previamente á presentación da solicitude de subvención.
b) Estar de alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia ou en mutualidade do colexio profesional que corresponda, no período ao que se refire o punto c) do apartado de requisitos comúns e, en todo caso, con anterioridade á presentación da solicitude. 
c) Estar de alta no Censo de actividades económicas da Axencia Estatal de Administración Tributaria.
2.2. Persoas socias traballadoras de sociedades mercantís, laborais ou cooperativas de traballo asociado:
a) As entidades deberán estar legalmente constituídas e inscritas no Rexistro Mercantil ou no Rexistro Administrativo de Sociedades Laborais de Galicia ou no Rexistro de Cooperativas de Galicia, segundo o caso.
b) Estar de alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade do colexio profesional no período ao cal se refire o punto 1.c) e, en todo caso, con anterioridade á presentación da solicitude.
c) Estar de alta no Censo de Actividades Económincas da Axencia Estatal de Administración Tributaria.

Contía  da subvención:
Para promover a creación e o desenvolvemento do autoemprego das persoas galegas retornadas e os/as seus/súas descendentes que se establezan na Comunidade autónoma galega, establécese unha contía da subvención de  5.000 euros.
O importe da subvención incrementarase no caso de concorrer as seguintes situacións e nos seguintes importes, que serán acumulables:

a) No caso de que a persoa solicitante sexa muller: 1.000 euros.
b) No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste)  estea situado nun concello rural: 2.000 euros.
O importe máximo da subveción concedida ao abeiro desta convocatoria será de 8.000 euros.

FORMULARIOS DE TRAMITACIÓN DAS SOLICITUDES: picar aquí para acceder á Sede Electrónica

 

Outra documentación para descargar:

Lugar de presentación da documentación:

  1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario electrónico normalizado que figura como anexo I da resolución, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
  2. Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
  3. Para presentar as solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismo de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal.chave365).
  4. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
  5. Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Finalización do prazo de presentación de solicitudes: 
30.09.2019