Subvencións para o desenvolvemento de accións formativas ligadas á inserción laboral destinadas a persoas retornadas e inmigrantes 2009
Nome do programa: Subvención para o desenvolvemento de accións formativas ligadas á inserción laboral destinada a persoas retornadas e inmigrantes 2009
Destinatarios: Organizacións empresariais, profesionais e sindicais, así como as entidades sen ánimo de lucro que teñan como finalidade instituída por norma estatutaria ou regulamentaria o desenvolvemento de actividades de integración laboral que abarque ao colectivo de persoas retornadas e inmigrantes.
Características:
Accións subvencionables: Serán subvencionables a través desta convocatoria as accións formativas que teñan unha clara conexión co emprego dirixidas, exclusiva ou conxuntamente, a persoas retornadas e inmigrantes, e que consistan na realización de cursos de formación para a mellora da cualificación profesional e da empregabilidade que recollan obxectivos cuantitativos de inserción laboral en ocupacións relacionadas coa formación impartida.
O importe máximo da subvención será de vinte mil euros (20.000,00 €) por entidade beneficiaria.
Prazo de presentación: Ata o 5 de febreiro de 2009, inclusive
Resolución: Resolución do 19 de decembro de 2008, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se establecen subvencións para o desenvolvemento de accións formativas ligadas á inserción laboral destinadas a persoas retornadas e inmigrantes e se procede á súa convocatoria.
Convocatoria: Diario Oficial de Galicia Nº2, del 5 de xaneiro de 2009
Promovido por: Secretaría Xeral de Emigración
Ano: 2009
Contacto:
Secretaría Xeral de Emigración
Subdirección Xeral de Planificación das Políticas do Retorno e da Inmigración
c/ Basquiños, nº 2
15704 Santiago de Compostela. A Coruña
Documentación:
Modelo da solicitude para cubrir on line (Prazo pechado)
Podes redactar directamente sobre o formulario os datos e a continuación imprimir o documento coa información cumplimentada.