Subvencións correspondentes a programas de actuación en favor das entidades galegas no exterior para o exercicio 2019

Listen to this page using ReadSpeaker
1500 lecturas
Información e instrucións para presentar as solicitudes.
Resolución da convocatoria: 
Resolución do 27 de decembro de 2018, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as subvencións correspondentes a programas de actuación en favor das entidades galegas no exterior para o exercicio 2019.
Entidade: 
Secretaría Xeral da Emigración
Data de publicación: 
11.02.2019
Estado: 
Procedemento pechado

Programas de axudas e subvencións:

  • Programa 1. Axudas para de gastos de funcionamento das entidades galegas do exterior.
  • Programa 2. Axudas para proxectos culturais, sociais, de accións informativas e proxectos promovidos pola xuventude.
  • Programa 3. Accións de especial relevancia promovidas por comunidades galegas.

Entidades destinatarias:
Poderán ser beneficiarias das subvencións establecidas nesta convocatoria en cada programa as seguintes entidades:

  • Programa 1: As entidades galegas inscritas no Rexistro da Galeguidade, ó amparo da Lei 7/2013, de 13 de xuño, da galeguidade, coa categoría de comunidade galega, de centro colaborador da galeguidade ou de federacións de comunidades e/ou entidades. 
  • Programa 2: As entidades galegas inscritas no Rexistro da Galeguidade, en calquera das categorías recollidas no artigo 4 da Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade.
  • Programa 3: As entidades galegas inscritas no Rexistro da Galeguidade, ó amparo da Lei 7/2013, de 13 de xuño, da galeguidade, coa categoría  de comunidade galega  ou coa de federacións de comunidades e/ou entidades. 
FORMULARIOS DE TRAMITACIÓN DAS SOLICITUDES*: picar aquí para acceder á Sede Electrónica

*Nota: Tan só se poderá presentar un único formulario (Anexo I) para todos os programas.

Outra documentación para consultar:

Prazo de presentación de solicitudes: desde o  12-02-2019 ata o 11-03-2019

Lugar de presentación das solicitudes:

A) Entidades con sede social en España
As entidades con sede social en España presentarán as solicitudes obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado que figura como ANEXO I desta resolución, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Se algunha das entidades interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

B)    Entidades con sede social no estranxeiro
Excepcionalmente, as entidades domiciliadas fóra do territorio español poderán presentar as solicitudes por calquera dos seguintes procedementos:

  1. En soporte papel utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ou como anexo I das instrucións.

    Neste caso a presentación farase por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común  das Administracións Públicas.

    No caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de Correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á de peche da convocatoria.

    Enderezo ao que deben enviarse: Secretaría Xeral da Emigración, Praza de Mazarelos, 15, 15703 Santiago de Compostela.

    Tamén poden presentarse nas delegacións da Xunta de Galicia en Bos Aires e Montevideo, nas oficinas consulares, así como nos consulados ou seccións consulares das embaixadas correspondentes ao domicilio ou residencia da entidade solicitante.

  2. Por vía electrónica a través do formulario normalizado que figura como ANEXO I desta resolución, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, cos mesmos requisitos esixidos no apartado A) para as entidades con sede social en España.

As solicitudes ou a documentación que se presente por Fax ou por Correo Electrónico non terán validez a efectos de constancia de presentación nin de cumprimento de prazos.

Contacto e información:
Secretaría Xeral da Emigración. Servizo de Promoción das Comunidades Galegas
Teléfonos: 981 545 833 - 981 957 160        
Correo electrónico: emigracion.subvencions@xunta.gal

Finalización do prazo de presentación de solicitudes: 
11.03.2019