Subvencións correspondentes aos programas de apoio infraestrutural e adquisición de equipamentos ás comunidades galegas no exterior para o exercicio 2023
Programas de axudas e subvencións:
- Programa A. Axudas para obras, adquisición de instalacións e conservación do patrimonio cultural.
- Programa B. Axudas para a mellora de dotacións e equipamentos de carácter inventariable.
Entidades destinatarias:
As entidades galegas inscritas no Rexistro da Galeguidade en calquera das categorías que figuran na Lei 7/2013, de 13 de xuño, da galeguidade.
Prazo de presentación de solicitudes: desde o 31-01-2023 ata o 28-02-2023
Solicitudes: Anexo I (só se poderá presentar un único formulario para un dos dous programas).
FORMULARIOS DE TRAMITACIÓN DAS SOLICTUDES: | picar aquí para acceder á Sede Electrónica |
Outra documentación para descargar:
- Texto completo da convocatoria no D.O.G. (picar aquí para descargar)
- Extracto da convocatoria no D.O.G. (picar aquí para descargar)
- Instrucións para tramitar as subvencións (picar aquí para descargar)
- Instrucións para o pago por entidades beneficiarias de subvencións (picar aquí para descargar)
- Modelo memoria Programa A (picar aquí para descargar en word) (picar aquí para descargar en pdf)
- Modelo memoria Programa B (picar aquí para descargar en word) (picar aquí para descargar en pdf)
Lugar de presentación das solicitudes:
A) Entidades con sede social en España
Presentarán as solicitudes obrigatoriamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
B) Entidades con sede social no estranxeiro
Excepcionalmente, as entidades domiciliadas fóra do territorio español poderán presentar as solicitudes por calquera dos seguintes procedementos:
- En soporte papel utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (Anexo I)
Neste caso a presentación farase por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
No caso de envío por correo, deberá ser certificado, co selo de Correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á de peche da convocatoria.
Enderezo ao que deben enviarse: Secretaría Xeral da Emigración, Rúa Basquiños 2, 15704 Santiago de Compostela.
Tamén poden presentarse nas delegacións da Xunta de Galicia en Bos Aires e Montevideo, nas oficinas consulares, así como nos consulados ou seccións consulares das embaixadas correspondentes ao domicilio ou residencia da entidade solicitante. - Por vía electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, cos mesmos requisitos esixidos no apartado A) para as entidades con sede social en España..
As solicitudes ou a documentación que se presente por Correo Electrónico non terán validez a efectos de constancia de presentación nin de cumprimento de prazos.
O prazo de presentación de solicitudes remata o: 28-02-2023 (ás 23:59 hora española).
Contacto e información:
Secretaría Xeral da Emigración
Servizo de Promoción das Entidades Galegas
Teléfonos: 981 545 833 - 981 957 160
Correo electrónico: emigracion.subvencions@xunta.gal