Subvencións correspondentes aos programas de apoio infraestrutural e adquisición de equipamentos ás comunidades galegas no exterior para o exercicio 2022
Programas de axudas e subvencións:
- Programa A. Axudas para obras, adquisición de instalacións e conservación do patrimonio cultural.
- Programa B. Axudas para a mellora de dotacións e equipamentos de carácter inventariable.
Entidades destinatarias:
As entidades galegas inscritas no Rexistro da Galeguidade en calquera das categorías que figuran na Lei 7/2013, de 13 de xuño, da galeguidade.
Prazo de presentación de solicitudes: desde o 29-01-2022 ata o 28-02-2022
Solicitudes: Tan só se poderá presentar un único formulario (Anexo I) para os dous programas.
FORMULARIOS DE TRAMITACIÓN DAS SOLICTUDES: | picar aquí para acceder á Sede Electrónica |
Outra documentación para descargar:
- Texto completo da convocatoria no D.O.G. (picar aquí para descargar)
- Extracto da convocatoria no D.O.G. (picar aquí para descargar)
- Instrucións para tramitar as subvencións (picar aquí para descargar en word) (picar aquí para descargar en pdf)
- Modelo memoria Programa A (picar aquí para descargar en word) (picar aquí para descargar en pdf)
- Modelo memoria Programa B (picar aquí para descargar en word) (picar aquí para descargar en pdf)
Lugar de presentación das solicitudes:
A) Entidades con sede social en España
As entidades con sede social en España presentarán as solicitudes obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado que figura como ANEXO I desta resolución, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Se algunha das entidades interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
B) Entidades con sede social no estranxeiro
Excepcionalmente, as entidades domiciliadas fóra do territorio español poderán presentar as solicitudes por calquera dos seguintes procedementos:
- En soporte papel utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ou como anexo I das instrucións.
Neste caso a presentación farase por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
No caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de Correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á de peche da convocatoria.
Enderezo ó que deben enviarse: Secretaría Xeral da Emigración, Praza de Mazarelos, 15, 15703 Santiago de Compostela.
Tamén poden presentarse nas delegacións da Xunta de Galicia en Bos Aires e Montevideo, nas oficinas consulares, así como nos consulados ou seccións consulares das embaixadas correspondentes ao domicilio ou residencia da entidade solicitante.
- Por vía electrónica a través do formulario normalizado que figura como ANEXO I desta resolución, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, cos mesmos requisitos esixidos no apartado A) para as entidades con sede social en España.
As solicitudes ou a documentación que se presente por Fax ou por Correo Electrónico non terán validez a efectos de constancia de presentación nin de cumprimento de prazos.
Contacto e información:
Secretaría Xeral da Emigración. Servizo de Promoción das Entidades Galegas
Teléfonos: 981 545 833 - 981 957 160
Correo electrónico: emigracion.subvencions@xunta.gal