Subvencións correspondentes aos programas de apoio infraestrutural e adquisición de equipamentos ás comunidades galegas no exterior para o exercicio 2017

Listen to this page using ReadSpeaker
1488 lecturas
Información e instrucións para presentar as solicitudes.
Resolución da convocatoria: 
Resolución do 14 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións correspondentes aos programas de apoio infraestrutural e adquisición de equipamentos ás comunidades galegas no exterior e se procede á súa convocatoria para o ano 2017.
Entidade: 
Secretaría Xeral da Emigración
Data de publicación: 
28.03.2017
Estado: 
Procedemento pechado

Programas de axudas e subvencións:

  • Programa A. Axudas para obras de ampliación, reforma, rehabilitación e conservación de instalacións e/ou do patrimonio cultural
  • Programa B. Axudas para a mellora de dotacións e equipamentos de carácter inventariable

Entidades destinatarias:
Poderán ser beneficiarias das subvencións establecidas para estes programas as seguintes entidades:

  1. Entidades galegas asentadas fóra de Galicia que teñan recoñecida a categoría de comunidade galega ou de centro colaborador da galeguidade ó abeiro da Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade
  2. Federacións ou asociacións de entidades galegas inscritas ao abeiro da Lei 4/1983, do 15 de xuño, de recoñecemento da galeguidade, que conten con local social diferenciado das entidades asociadas

Prazo de presentación de solicitudes: desde o 29-03-2017 ata o 28-04-2017

Solicitudes: Tan só se poderá presentar solicitude (Anexo I) para un dos programas.

FORMULARIOS DE TRAMITACIÓN DAS SOLICITUDES: picar aquí para acceder á Sede Electrónica

Outra documentación para descargar:

Lugar de presentación das solicitudes:

  1. Entidades con sede social en España

    As entidades con sede social en España presentarán as solicitudes obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado que figura como ANEXO I desta resolución, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

    Se algunha das entidades interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

    Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

  2. Entidades con sede social no estranxeiro

Excepcionalmente, as entidades domiciliadas fóra do territorio español poderán presentar as solicitudes por calquera dos seguintes procedementos:

  1.  En soporte papel utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ou como anexo I das instrucións.

    Neste caso a presentación farase por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

    No caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de Correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á de peche da convocatoria.

    Enderezo ó que deben enviarse:  Secretaría Xeral da Emigración, Praza de Mazarelos, 15, 15703 Santiago de Compostela.

    Tamén poden presentarse nas delegacións da Xunta de Galicia en Bos Aires e Montevideo, nas oficinas consulares, así como nos consulados ou seccións consulares das embaixadas correspondentes ao domicilio ou residencia da entidade solicitante

  2. Por vía electrónica a través do formulario normalizado que figura como ANEXO I desta resolución, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, cos mesmos requisitos esixidos no apartado A) para as entidades con sede social en España.

As solicitudes ou a documentación que se presente por  Fax ou por Correo Electrónico non terán validez a efectos de constancia de presentación nin de cumprimento de prazos.

Contacto e información:
Secretaría Xeral da Emigración. Servizo de Promoción das Comunidades Galegas
Teléfonos: 981 545 833 - 981 957 160     Fax: 981 957 179
Correo electrónico: emigracion.subvencions@xunta.gal

Finalización do prazo de presentación de solicitudes: 
28.04.2017