Subvencións correspondentes aos programas de actuación en favor das entidades galegas no exterior para o exercicio 2025

Listen to this page using ReadSpeaker
1373 lecturas
Información e instrucións para presentar as solicitudes.
Resolución da convocatoria: 
Resolución do 30 de decembro de 2024, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as subvencións correspondentes a programas de actuación en favor das entidades galegas no exterior para o exercicio 2025.
Entidade: 
Secretaría Xeral da Emigración
Data de publicación: 
06.02.2025
Estado: 
Procedemento pechado

Programas de axudas e subvencións:

  • Programa 1. Axudas para gastos de funcionamento das entidades galegas do exterior.
  • Programa 2. Axudas para proxectos culturais, sociais, de accións informativas e proxectos promovidos pola xuventude.
  • Programa 3. Accións de especial relevancia.

Entidades destinatarias:

As entidades galegas inscritas no Rexistro da Galeguidade en calquera das categorías que figuran na Lei 7/2013, de 13 de xuño, da galeguidade.

Prazo de presentación: desde o 07-02-2025 ao 06-03-2025 (ás 23:59 hora española).

  • De conformidade coa Resolución do 4 de marzo de 2025, da Secretaría Xeral da Emigración (DOG nº 44 do 5 de marzo de 2025), amplíase o prazo de presentación de solicitudes ata o 21 de marzo de 2025, inclusive.

Solicitude: Anexo I

FORMULARIOS DE TRAMITACIÓN DAS SOLICITUDES:  picar aquí para acceder á Sede Electrónica


Outra documentación para descargar:

Lugar de presentación:

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Contacto e información:

Secretaría Xeral da Emigración.
Servizo de Promoción das Entidades Galegas
Teléfonos: 981 545 833 - 981 957 160       
Correo electrónico: emigracion.subvencions@xunta.gal

Finalización do prazo de presentación de solicitudes: 
21.03.2025