Seminario de Planificación de Novos Proxectos Empresariais

Listen to this page using ReadSpeaker
1064 lecturas
A Fundación Galicia Emigración, en colaboración con BIC Galicia (Centro Europeo de Empresas e Innovación de Galicia), abre o prazo de inscrición do Seminario sobre Creación de novos proxectos empresariais, que terá lugar en Ourense,destinado a inmigrantes residentes en Galicia e emigrantes retornados con inquedanzas emprendedoras. Aquí pode descargar o formulario de inscrición.
Data de publicación: 
09.09.2010
Estado: 
Procedemento pechado

Obxetivo: Analizar e planificar o futuro negocio do emprendedor, facendo diversas tareas que faciliten a posterior elaboración dun Plan de Empresa. Para esto é necesario:

  • Coñecer os conceptos básicos necesarios para a elaboración do Plan de Negocio.
  • Deseñar e elaborar o Proxecto de Empresa.
  • Contrastar a viabilidade económica financiera do proxecto empresarial.
  • Apoiar a creación e posta en marcha de empresas nas zonas xeográficas donde se desenvolvan os seminarios.

Contido:

0.- Entrevista de avaliación para á selección de proxectos
1.- Emprendedor e empresa
2.- O ámbito de actuación da empresa
3.- Os procesos e a organización interna (I)
4.- Os procesos e a organización interna (II)

Titoría 1: Avaliación da Memoria descritiva do proxecto
5- A viabilidade económica e financeira da empresa (I)
6- A viabilidade económica e financeira da empresa (II)
7- A viabilidade económica e financeira da empresa (III)

Titoría 2: Avaliación dun plan económico financeiro
O Seminario é útil para aqueles emprendedores que teñan unha idea de negocio desenvolvida con anterioridade, ou  teñan un esbozo  da mesma.

Datas: do 19 de outubro a mediados de novembro.

Horario: De luns a venres, de 16:00 h. a 21:00 h.( 35 horas lectivas e asesoramento de proxectos)

Lugar: Na cidade de Ourense, en Caixanova, no Centro de Desenvolvemento (Avda. Pontevedra, nº 9).

Prazas: 15 alumnos

Custo: O seminario é de balde.

Prazos e inscrición:  Do 9 de setembro ao 11 de outubro.

Para inscribirse neste seminario débese cumprimentar a ficha de presinscrición e enviala xunto coa documentación requerida, á Fundación Galicia Emigración:
Fundación Galicia Emigración
Rúa do Vilar, 15. 15705 Santiago de Compostela (España)
T: 0034 981 554463 - Fax: 00346 981554612
autoemprego@fundaciongaliciaemigracion.es.
www.galiciaaberta.com
 
Descargar a ficha de preinscrición: (DOC / PDF).