Reencontros co Xacobeo. Ano 2022

Listen to this page using ReadSpeaker

Avísame

204 lecturas
Información e formularios de inscrición
Resolución da convocatoria: 
Resolución do 3 de xuño de 2022, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a participación no programa Reencontros co Xacobeo e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código do procedemento PR926E).
Entidade: 
Secretaría Xeral da Emigración
Data de publicación: 
22.06.2022
Estado: 
Procedemento aberto

OBXECTO:
Promover que persoas maiores de 65 anos vinculadas ás entidades galegas do exterior fomenten os lazos con Galicia e coa súa cultura a través do Camiño de Santiago, de xeito que, unha vez vivida esta experiencia, poidan colaborar como axentes activos na promoción e difusión do Camiño de Santiago e do fenómeno do Ano Santo Xacobeo nos lugares en que as entidades teñen a súa sede.

ENTIDADES BENEFICIARIAS:
Poderán ser beneficiarias das subvencións establecidas nesta convocatoria as entidades galegas inscritas no Rexistro da Galeguidade en calquera das categorías que figuran na Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade.

Cada entidade galega poderá solicitar a participación do número de persoas que aparecen reflectidas nos Anexos A, B e C da orde de convocatoria, segundo estean asentadas en países de América, Europa ou Comunidades Autónomas de España. 

Unha vez rematado o prazo de presentación das solicitudes, a entidade solicitante non poderá propor a participación doutras persoas diferentes ás indicadas na solicitude. 

As persoas propostas por cada entidade deben ter a nacionalidade española e unha idade comprendida entre os 18 e os 64 anos. Así mesmo, deben valerse por si mesmas e estar nun estado físico que lles permita realizar con normalidade as actividades do programa.

NÚMERO DE PRAZAS CONVOCADAS:
Convócanse 205 prazas dirixidas a entidades galegas do exterior distribuídas do seguinte xeito: 

Prazas ofertadas nos países de América - Anexo A
País Nº prazas ofertadas  Nº de prazas máximas que pode solicitar cada entidade galega polo país en que estea asentada
Arxentina 40 20
Brasil 14 7
Canadá 2 1
Cuba 10 5
Chile 2 1
Costa Rica 1 1
EE.UU. 3 2
México 2 1
Panamá 1 1
Perú 1 1
Porto Rico 1 1
Uruguai 12 6
Venezuela 5 3
Prazas totais 94  

 

Prazas ofertadas nos países de Europa - Anexo B
País Nº prazas ofertadas  Nº de prazas máximas que pode solicitar cada entidade galega polo país ou grupo destes en que estea asentada
Suíza- Liechtenstein 14 7
Alemaña 11 5
Resto de Europa 6 3
Prazas Totais 31  

 

Prazas ofertadas nas Comunidades Autónomas de España - Anexo C
Comunidade Autónoma ou agrupación destas Nº prazas ofertadas  Nº de prazas máximas que pode solicitar cada entidade galega pola comunidade autónoma ou grupo destas en que estea asentada
Andalucía, Ceuta e Estremadura 9 5
Canarias 2 2
Cataluña 20 15
C. Valenciana, Rexión de Murcia, Illas Baleares e Castela-A Mancha 6 4
Castela e León,  Asturias, Cantabria, A Rioxa e Aragón 11 7
Madrid 17 8
País Vasco e Navarra 15 8
Prazas totais 80  

 

CARACTERÍSTICAS DO PROGRAMA:
O programa, que se desenvolverá, previsiblemente, na primeira quincena de outubro, consiste en realizar pequenas etapas do Camiño de Santiago e un achegamento ao patrimonio cultural e natural das respectivas zonas visitadas.

A Secretaría Xeral da Emigración farase cargo dos traslados das persoas participantes mediante o financiamento do custo dos billetes desde o seu lugar de orixe ata Galicia e dos de regreso. Así mesmo, encargarase dos desprazamentos terrestres en Galicia e do seu aloxamento e manutención.

O tempo de estadía en Galicia das persoas participantes financiado pola Secretaría Xeral da Emigración limitarase exclusivamente ao de duración do programa.

Non poderán resultar seleccionadas as persoas que participasen neste programa ou no programa Conecta co Xacobeo con anterioridade.

Na páxina web da Secretaría Xeral da Emigración (https://emigracion.xunta.gal) informarase das datas definitivas de desenvolvemento, así como das actividades programadas e do lugar de aloxamento.

SOLICITUDES E DOCUMENTACIÓN:
Os modelos normalizados de solicitude e documentación complementaria (anexos I, II e III) poderán obterse nas páxinas web https://sede.xunta.gal e https://emigracion.xunta.gal.

FORMULARIOS DE TRAMITACIÓN DAS SOLICITUDES: Sede electrónica da Xunta de Galicia

NOTA: A solicitude (anexo I) deberá estar completamente cuberta e ir acompañada de tantos modelos do anexo II como persoas propoña a entidade como participantes no apartado Relación nominal de persoas propostas pola entidade para participar no programa incluída no anexo I.

Documentación para descargar:

Documentación a presentar:
a) Pasaporte ou outro documento acreditativo da identidade e nacionalidade española para as persoas propostas pola entidade que non teñan DNI.
b) Certificado de residencia fiscal emitido en 2022 polas autoridades competentes do país de residencia no suposto de entidades que non teñan a súa residencia fiscal en territorio español.
c) Unha declaración responsable de cada persoa proposta para participar no programa, conforme o modelo oficial que figura como anexo II, de non padecer enfermidade infecto-contaxiosa, de ser apta para participar con normalidade nas actividades do programa e de aceptación das súas normas de participación.
d) Unha fotografía recente tamaño carné de cada unha das persoas propostas para participar no programa.
e) Para as persoas propostas por parte de entidades galegas de América, certificado médico, segundo o modelo do anexo III, conforme a persoa está en condicións de realizar unha viaxe de longa duración e a actividade programada.

Forma e lugar de presentación das solicitudes:

A.- Entidades con sede social en España
As entidades con sede social en España presentarán as solicitudes obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado que figura como anexo I da resolución, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.

Para a presentación das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

B.- Entidades con sede social fóra de España
Excepcionalmente, as entidades domiciliadas fóra do territorio español poderán presentar as solicitudes por medios electrónicos ou de xeito presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

As entidades só poderán presentar unha única solicitude para a participación no programa.

As solicitudes ou a documentación que se presente por Fax ou por Correo Electrónico non terán validez a efectos de constancia de presentación nin de cumprimento de prazos.

CONTACTO E INFORMACIÓN: 
Secretaría Xeral da Emigración. 
Teléfono: 981 547 239
Correo electrónico: subdireccionxeral.emigracion@xunta.gal

Finalización do prazo de presentación de solicitudes: 
22.07.2022