Reencontros co Xacobeo. Ano 2021

Listen to this page using ReadSpeaker
2103 lecturas
Información e formularios de inscrición.
Resolución da convocatoria: 
Resolución do 5 de xullo de 2021, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regula e se convoca para o ano 2021 as axudas para a participación no programa Reencontros co Xacobeo.
Entidade: 
Secretaría Xeral da Emigración
Data de publicación: 
15.07.2021
Estado: 
Procedemento pechado

Obxecto:

Promover a participación da colectividade galega no exterior na nosa vida cultural e social mediante o desenvolvemento de actividades culturais e de tempo libre relacionadas co Camiño de Santiago e co Xacobeo. Estas actividades están dirixidas ás persoas de 65 anos ou máis, vinculadas ás entidades galegas dos países de Europa e Comunidades Autónomas de España.

Entidades destinatarias:

Poderán ser beneficiarias das subvencións establecidas nesta convocatoria todas as entidades galegas inscritas no Rexistro da Galeguidade.

Cada entidade galega poderá solicitar a participación do número de persoas que aparecen reflectidas nos Anexos A e B da orde de convocatoria, segundo estean asentadas en países de Europa ou Comunidades Autónomas de España.

Unha vez finalizado o prazo de presentación das solicitudes, a entidade solicitante non poderá propor a participación de outras persoas diferentes ás indicadas na solicitude.

A idade das persoas propostas por cada entidade galega para participar no programa estará nos 65 ou máis anos e deben poder valerse por si mesmas e realizar con normalidade as actividades do programa.

Número de prazas convocadas:

Convócanse 150 prazas dirixidas a entidades galegas do exterior distribuídas do seguinte xeito:

Anexo A

Prazas ofertadas nos Países de Europa
País

Nº prazas ofertadas

 

Nº de prazas máximas que pode solicitar cada Entidade Galega polo País ou Grupo Destes no que estea asentada

Suíza - Liechtenstein 25 15
Alemaña 10 5
Resto de Europa 15 5
Prazas totais 50  

 

Anexo B

Prazas ofertadas nas Comunidades Autónomas de España
Comunidade Autónoma ou Agrupación Destas

Nº prazas ofertadas

 

de prazas máximas que pode solicitar cada Entidade Galega pola Comunidade Autónoma ou Grupo Destas no que estea asentada

Andalucía, Ceuta e Extremadura 8 4
Canarias 3 2
Cataluña 31 15
C. Valenciana, ReXión de Murcia, Baleares e Castela a Mancha 8 4
Castela - León, Principado de Asturias, Cantabria, A Rioxa e Aragón 15 7
Madrid 17 8
País Vasco e Navarra 18 9
Prazas Totais 100  

 

Características do programa:

O programa consiste en que as persoas seleccionadas coñezan o patrimonio cultural e natural das respectivas zonas polas que pasa o Camiño de Santiago e realicen actividades de balneario no lugar de aloxamento.

Para iso, o programa organízase en dúas quendas:

  • a) Na primeira semana de outubro viaxarán as persoas procedentes de países de Europa.
  • b) Na segunda semana de outubro viaxarán as persoas procedentes das comunidades autónomas de España.

A Secretaría Xeral da Emigración farase cargo da organización da viaxe e dos traslados das persoas participantes mediante o financiamento do custo dos billetes dende o lugar de residencia das persoas participantes ata Galicia e regreso.

Así mesmo, encargarase dos desprazamentos terrestres en Galicia, do aloxamento e da manutención das persoas participantes.

Na páxina web da Secretaría Xeral da Emigración (https://emigracion.xunta.gal) informarase da programación das actividades que se van a realizar así coma do lugar de aloxamento.

Solicitudes e documentación:

Os modelos normalizados de solicitude e documentación complementaria (anexos I e II) poderán obterse nas páxinas web https://sede.xunta.es e https://emigracion.xunta.gal.

FORMULARIOS DE TRAMITACIÓN DAS SOLICITUDES: Sede electrónica da Xunta de Galicia

A.- Entidades con sede social en España

As entidades con sede social en España presentarán as solicitudes obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado que figura como anexo I da resolución, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.

Para a presentación das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

B.- Entidades con sede social en Europa

Excepcionalmente, as entidades domiciliadas fóra do territorio español poderán presentar as solicitudes por calquera dos seguintes procedementos:

  • En soporte papel utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

En calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

O medio de presentación elixido manterase para calquera tipo de relación coa Secretaría Xeral da Emigración ata que remate o procedemento.

No caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de Correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á de peche da convocatoria.

Enderezo ao que deben enviarse:

Secretaría Xeral da Emigración
Praza Mazarelos, nº 15
15703 Santiago de Compostela.

  • Por vía electrónica a través do formulario normalizado que figura como ANEXO I desta resolución, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, cos mesmos requisitos esixidos no apartado 1 para as entidades con sede social en España.

As entidades só poderán presentar unha única solicitude para a participación no programa.

As solicitudes ou a documentación que se presente por Correo Electrónico non terá validez para os efectos da constancia de presentación nin de cumprimento de prazos.

Contacto e información:

Secretaría Xeral da Emigración
Teléfonos: 981 547 239 / 981 547 265
Correo electrónico: subdireccionxeral.emigracion@xunta.gal

Prazo de presentación das solicitudes:

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Finalización do prazo de presentación de solicitudes: 
16.08.2021