Programas Formativos no Sector Agroforestal da Fundación Galicia Emigración

Listen to this page using ReadSpeaker
1113 lecturas
A Fundación Galicia Emigración desenvolve en 5 localidades galegas un Programa Formativo no sector AGROFORESTAL onde se desenvolverán catro cursos diferentes nos que participarán un total de 75 emigrantes retornados e inmigrantes, co obxectivo de proporcionar unha capacitación laboral que favoreza a súa inserción laboral e promoción profesional. Descargue aquí os formularios de inscrición.
  1. Curso de Uso de Motoserra (Verín).
  2. Cursos de Tala Forestal (Carballo e Vilalba).
  3. Curso de Plantación e Poda (Rivadavia).
  4. Curso de Xardinería (Lalín).


1.- Curso de uso de motoserra en Verín (Ourense).

Descrición: Programa Formativo capacite que capacite para executar de forma eficiente o apeo, desramado e tronzado de árbores forestais, facendo un correcto uso da motoserra.

Beneficiarios: Emigrantes retornados e inmigrantes.

Duración e datas de impartición: A duración será de 40 horas lectivas, que desenvolveranse do 25 de outubro ao 8 de novembro de 2010, de luns a venres, de 10:00 h. a 13:00 h.

Lugar: Casa da Música – Aula 21. c/ José Mª Pereda, 3. Verín (Ourense)

Contidos:

I.     O equipo de seguridade.
II.    Tipos de motoserra.
III.   Elementos e mecánica da motoserra.
IV.   Mantemento, axustes e reparacións.
V.    Práctica de corte vertical en madeira.
VI.   Práctica de corte horizontal.
VII.  Rebotes e reaccións frecuentes.
VIII. O afiado.
IX.   Procedementos de traballo no monte e zonas verdes.
X.    Apeo de árbores.
XI.   Desramado.
XII.  Torado.
XIII.  Rozas especiais.
XIV.  Factores de risco.
XV.   Accidentes.
XVI.  Sinalización.
XVII. Permisos.

Prazas: 15 alumnos

Fin prazo de inscrición:  20 de outubro de 2010.

Custo:  Totalmente Gratuíto.

Formulario de inscrición: Curso de Uso de Motoserra en Verín:  (DOC / PDF)

Enviar por:

 

2.- Cursos de tala forestal en Carballo (A Coruña) e en Vilalba (Lugo).

Descrición: Programa Formativo que capacite para que capacite para executar traballos selvícolas.

Beneficiarios: Emigrantes retornados e inmigrantes.

Duración: A duración será de 40 horas lectivas

Contidos:

I.      Preparación de ferramentas e maquinaria para realizar podas e rareos.
II.     Limpas e rareos en explotacións forestais e masas boscosas.
III.    Podas sobre especies forestais para favorecer o seu desenvolvemento equilibrado con vistas á súa comercialización ou interese ecolóxico.
IV.    Funcionamento e manexo da motoserra.
V.     Traballos selvícolas.
VI.    Identificación de especies forestais.
VII.   Circunstancias que determinan a necesidade de realizar rareos.
VIII.  Técnicas para apear, desramar e tronzar árbores de pequeno diámetro.
IX.    Técnicas base da poda.
X.     Tipos de poda en función da especie
XI.    Desenvolvemento e vocación da árbore.

Prazas: 30 alumnos (15 alumnos en cada localidade).

Localidades, Datas impartición, Horario e Lugar:

  • CARBALLO: Do 25 de outubro ao 10 de novembro, de 10:00 h a 14:00 h, na aula de Formación de Xóvenes Agricultores, c/ Fiunchos, baixo.
  • VILALBA: Do 28 de outubro ao 11 de novembro, de 16:00 h. a 20:00 h., nas instalacións do Concello, Praza da Cosntitución, s/n.

Fin prazo de inscrición:

  • CARBALLO: 20 de outubro
  • VILALBA: 22 de outubro

Custo:  Totalmente Gratuíto.

Formulario de inscrición: Cursos de Tala Forestal: (DOC / PDF)

Enviar por:

 

3.- Curso de plantación e poda en Ribadavia (Ourense).

Descrición: Programa Formativo que capacite o coñecemento das necesidades e dos mecanismos de nutrición vexetal e das distintas clases de aboamentos, a aplicación da auga de rego e os principais tipos de substratos e cortar e podar

Beneficiarios: Emigrantes retornados e inmigrantes.

Duración e datas de impartición: A duración será de 40 horas lectivas, que desenvolveranse do 25 de outubro ao 8 de novembro de 2010, de luns a venres, de 10:00 h. a 13:00 h.

Lugar: Centro Social de Ribadavia. c/ Extramuros, nº 26. Ribadavia (Ourense).

Contidos:

I.     Aboado: nutrición vexetal, aboamentos orgánicos e minerais, análise e tomas de mostras, técnicas de aplicación de aboado e fertilización e medio ambiente.
II.    Necesidades hídricas e programación de rego.
III.   Rego de superficie, por aspersión e localizado.
IV.   Conservación e mantemento do equipo de bombeo e distribución de auga.
V.    Fertirrigación.
VI.   Principais tipos de substratos.
VII.  Cortar e podar.
VIII. Podar e tallar árbores.

Prazas: 15 alumnos

Fin prazo de inscrición: 20 de outubro de 2010.

Custo:  Totalmente Gratuíto.

Formulario de inscrición:  Curso de Plantación e Poda en Ribadavia: (DOC / PDF)

Enviar por:

 

4.- Curso de Xardinería en Lalín (Pontevedra).

Descripción: Programa Formativo que capacite que capacite na adquisición de coñecementos básicos de bioloxía e botánica, identificar un bo número de especies vexetais, realizar as tarefas fundamentais de cultivo, coñecer os factores ambientais máis importantes que afectan o chan de cultivo e o modo de enfrontarse a eles, adquirir nocións de deseño para distribuír o xardín e hortas domésticas, así como para realizar arranxos florais.

Beneficiarios: Emigrantes retornados e inmigrantes.

Duración e datas de impartición: A duración será de 40 horas lectivas, que desenvolveranse do 19 de outubro ao 11 de novembro de 2010, de luns a venres, de 10:00 h. a 12:40 h.

Lugar: Casa da Xuventude.

Contidos:

I.     Aboado do xardín.
II.    Combater enfermidades e pragas.
III.   Cultivar plantas de bulbo.
IV.   Plantar céspede.
V.    Podar e tallar árbores.
VI.   Cortar e podar.
VII.  Coidado das plantas.
VIII. Decorar o xardín con pérgolas, paneis e celosías.
IX.   Instalación de sistema de rega en terrazas e balcóns.
X.    Mantemento de céspede.
XI.   Plantar, coidar e plantar roseiras.
XII.  Preparación do chan de xardín.

Prazas: 15 alumnos

Fin prazo de inscrición: 14 de outubro.

Custo:  Totalmente Gratuíto.

Formulario inscrición:  Curso de Xardinería en Lalín: (DOC / PDF)

Enviar por:

 

Información de inscricións:
Fundación Galicia Emigración
Rúa do Vilar, 15-Baixo – 15705 – Santiago de Compostela
formacion@fundaciongaliciaemigracion.es
Tel: 981 55 44 63
Fax: 981 55 46 12