Programa de viaxes "Reencontros na Casa" para residentes no exterior. Ano 2012.

Listen to this page using ReadSpeaker
3430 lecturas
Información do programa e formularios de inscrición. O programa Reencontros na casa está orientado a promover o contacto dos galegos residentes no exterior coa súa terra e cos seus familiares, fortalecendo así os vínculos de unión con Galicia.
Resolución da convocatoria: 
RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2011, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se convocan as subvencións do Programa Reencontros na Casa para residentes no exterior para o ano 2012.
Entidade: 
Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia
Data de publicación: 
16.01.2012
Estado: 
Procedemento pechado

Destinatarios/as:
Poderán ser solicitantes deste programa aquelas persoas que cumpran os seguintes requisitos:

  • Ser emigrante galego.
  • Ter a nacionalidade española.
  • Residir en América.
  • Ter cincuenta e cinco anos ou máis de idade contados na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
  • Non ter participado nos últimos cinco anos naturais en programas de viaxes a Galicia desta secretaría xeral.
  • Valerse por si mesmos e non padecer trastornos psicofísicos que alteren a normal convivencia e que estean en condicións de realizar unha viaxe de longa duración.
  • Ter familiares de ata o cuarto grao de consanguinidade ou afinidade cos que poidan  residir durante a súa estancia en Galicia.
  • Ter ingresos inferiores a tres veces o importe das prestacións económicas  por ancianidade do Estado español, fixado no ano da convocatoria para o país de residencia.
  • Persoas unidas por matrimonio, unión de feito ou relación análoga aos emigrantes galegos solicitantes do programa.
  • Tamén poderán ser solicitantes os fillos/as de emigrantes galegos que teñan a condición de galego e cumpran os requisitos anteriores.

Características:

  • A condición de beneficiario/a deste programa quedará supeditada ao pagamento, dentro do prazo establecido no seu momento, da porcentaxe correspondente da pasaxe de avión.
  • Os e as participantes poderán permanecer cos seus familiares en Galicia ata completar un período máximo de 3 meses, e serán pola súa conta todos os gastos de aloxamento, manutención e calquera outro derivado da súa estancia en Galicia.
  • Os beneficiarios/as deberán ingresar, na axencia de viaxes designada, a parte que lles corresponda do importe do billete, cunha antelación de 20 días naturais á data sinalada para a realización da viaxe.

Prazas:
A asignación do número de prazas, realizada en función das necesidades reais e das demandas constatadas nos diferentes países, queda fixada para o ano 2012 do seguinte modo:

País Nº de prazas
Arxentina 108
Brasil 23
Cuba 14
Uruguai 85
Venezuela 7
Outros países 4
TOTAL 241

 

Documentación adxunta:

*Nota: Permite cubrir os datos directamente sobre o formulario e a continuación imprimir o documento. Non se pode gardar o documento xa que se perderán todos os cambios realizados.

Lugar de presentación:

  • Secretaría Xeral da Emigración (rúa dos Basquiños, 2, 15704 Santiago de Compostela).
  • Delegacións da Xunta de Galicia en Bos Aires e Montevideo.
  • Consellerías de Traballo e Asuntos Sociais.
  • Seccións de Traballo e Asuntos Sociais das oficinas consulares, así como nos consulados ou seccións consulares das embaixadas correspondentes ao domicilio ou residencia do solicitante.
  • Nas entidades que se sinalan a continuación, habilitadas para a presentación telemática das solicitudes:

-En Brasil:
 .Peña Galega da Casa de España de Río de Janeiro.
 .Real Sociedade Española de Beneficencia de Salvador-Baía.
 .Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mutuos e Instrucción de São Paulo.
 .Sociedade de Socorros Mutuos e Beneficente Rosalía de Castro en Santos.
-En Cuba:
 .Federación de Sociedades Galegas na Habana
-En Venezuela:
.Irmandade Galega de Venezuela en Caracas.

Finalización do prazo de presentación de solicitudes: 
16.03.2012