Programa de viaxes para emigrantes "Volver á Terra" 2009

Listen to this page using ReadSpeaker
1476 lecturas
A Secretaría Xeral da Emigración convoca o programa "Volver á terra", coa finalidade de que os emigrantes galegos maiores de 60 anos e con baixos recursos económicos, poidan reencontrárense coa súa terra e coa súa familia.
Estado: 
Procedemento pechado

Nome do programa:Programa de viaxes  "Volver á Terra" 2009.

Destinatarios: Poderán ser solicitantes deste programa os emigrantes e os seus conxuxes ou parella de feito que cumpran os  requisitos enumerados na correspondente resolución (artigo 3º).

Características:

Número de prazas
Arxentina 113
Brasil 10
Cuba 10
Uruguai 50
Venezuela 5
Outros países 2
Total 190

 

Data de realización:  Mes de Novembro de 2009.

Lugar e prazo de presentación:

As solicitudes presentaranse, xunto co resto da documentación:

  1. Na Secretaría Xeral da Emigración ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
  2. Nas delegacións da Xunta de Galicia en Buenos Aires e Montevideo, consejerías de Traballo e Emigración, seccións de Traballo e Emigración, así como nos consulados ou seccións consulares das embaixadas correspondentes ao domicilio ou residencia do solicitante.
  3. Nas entidades que se indican a continuación, habilitadas para a presentación telemática das solicitudes:
    •  En Brasil:
      • Peña Galega de la Casa de España de Río de Janeiro.
      • Real Sociedade Española de Beneficencia de Salvador-Bahía.
      • Sociedade Hispano-Brasileira de Socorros Mutuos e Instr. de São Paulo.
      • Sociedade de Socorros Mutuos e Beneficente Rosalía de Castro en Santos.
    • En Cuba:
      • Federación de Sociedades Galegas en La Habana.
    • En Venezuela:
      • Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas. 

O prazo de presentación de solicitudes para este programa será ata o 8 de Xullo do 2009. 

Resolución:Resolución do 25 de maio de 2009, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se convocan e se regulan as axudas correspondentes ao programa Volver á terra para residentes no exterior durante o ano 2009. 

Convocatoria: Diario Oficial de Galicia Nº 110, do Luns, 8 de Xuño de 2009. 

Promovido por: Secretaría Xeral da Emigración coa colaboración da Secretaría Xeral de Familia e Benestar. 

Ano: 2009 

Documentación:

  • Formulario de solicitude (prazo pechado) [gl]
    Podes imprimir o formulario de solicitude e logo completar os campos cos datos necesarios
  • Formulario de solicitude  (Versión para cubrir on line) (prazo pechado) [gl]
    Permite cubrir os datos directamente sobre o formulario e a continuación imprimir o documento.
    Nota: Se gardas o documento perderanse todolos cambios realizados.

Data de publicación: 08 de Xuño de 2009

Listado: Publicado o listado de seleccionados e reservas