Programa Formativo de “Servizos á Familia e Traballo no Fogar”, da Fundación Galicia Emigración.

Listen to this page using ReadSpeaker
765 lecturas
A Fundación Galicia Emigración, co obxectivo de promover a inserción laboral e a promoción profesional dos emigrantes retornados e inmigrantes residentes en Galicia, pon en marcha en Lugo, un PROGRAMA FORMATIVO DE “SERVIZOS Á FAMILIA E TRABALLO NO FOGAR”, que capacita para coidar, manter e controlar todo o relacionado co fogar e os integrantes da unidade familiar.

Beneficiarios: Emigrantes retornados e inmigrantes.

Programa Formativo:
A duración será de 100 horas lectivas.
MÓDULO 1: Técnicas de limpeza e coidados no fogar (Duración 12 h.)
MÓDULO 2: Preparación e elaboración de menús (Duración 12 h.)
MÓDULO 3: Atención e coidado dos nenos, maiores e persoas dependentes (Duración 12 h.)
MÓDULO 4: Coidado de plantas e animais domésticos (Duración 4 h.)
MÓDULO 5: Coidado de prendas (Duración 12 h.)
MÓDULO 6: Mantemento de relacións humanas (Duración 8 h.)
MÓDULO 7: Habilidades sociais e de comunicación (Duración 8 h.)
MÓDULO 8: Técnicas de organización (Duración 8 h.)
MÓDULO 9: Solución de imprevistos e primeiros auxilios (Duración 8 h.)
MÓDULO 10: Seguridade e hixiene no traballo (Duración 4 h.)
MÓDULO 11: Novas Tecnoloxías (Duración 8 h.)
MÓDULO 12: Normativa laboral, economía social e métodos activos de busca de emprego (Duración 4 h.)

Datas: Do 6 de setembro ao 14 de outubro de 2010.

Horario: De luns a venres, en horario de tarde.

Lugar: Lugo.

Prazas: 15 alumnos

Custo:  Totalmente Gratuíto.

Incentivos á asistencia:  Outorgaranse unha axuda de 6 € por cada día de asistencia ao curso, a tódolos asistentes

Finalizacion prazo de inscrición: 27 de agosto de 2010.

Información e inscricións:

Fundación Galicia Emigración
Rúa do Vilar, 15-Baixo – 15705 – Santiago de Compostela
formacion@fundaciongaliciaemigracion.es
Tel: 981 55 44 63
Fax: 981 55 46 12

Formulario inscrición: (DOC / PDF) Enviar por Fax , correo postal ou correo electrónico.

Bases convocatoria: (PDF)