Programa Formativo "Seguridade e Manexo da Carretilla Elevadora" da Fundación Galicia Emigración

Listen to this page using ReadSpeaker
1141 lecturas
A Fundación Galicia Emigración desenvolve en Arteixo (A Coruña ) e no Porriño (Pontevedra), un Programa Formativo de “Seguridade e Manexo da Carretilla Elevadora”, no que participarán un total de 30 emigrantes retornados e inmigrantes, co obxectivo de proporcionar unha capacitación laboral que favoreza a súa inserción laboral e promoción profesional. Descargue aquí os formularios de inscrición.
Data de publicación: 
29.09.2010
Estado: 
Procedemento pechado

DescripciónPrograma Formativo que capacita para a realización das operacións de carga/descarga e transporte de mercancías, respectando todas as medidas de seguridade establecidas.

Beneficiarios: Emigrantes retornados e inmigrantes.

Duración: A duración será de 40 horas lectivas.

Contidos:

I.    Bases xurídicas
II.   Bases técnicas e características construtivas
III.  Principios físicos
IV.  Aplicacións loxísticas
V.   Aplicacións especiais
VI.  Utilización de carretillas elevadoras
VII. Riscos ao repostar e ao manipular baterías

Datas de impartición e horarios:

  • O PORRIÑO: Do 18 ao 29 de outubro. De 9:00 a 13:00 h.
  • ARTEIXO: Do 4 ao 12 de novembro. De 9:00 a 14:40 h.

Prazas: 15 alumnos en cada localidade.

Prazo de inscrición:

  • O PORRIÑO: Do 29 de setembro ao 13 de outubro.
  • ARTEIXO: Do 15 ao 29 de outubro.

Custo:  Totalmente Gratuíto.

Formulario de inscrición: (DOC / PDF)
Enviar por Fax: 981 55 46 12 ou correo electrónico: formacion@fundaciongaliciaemigracion.es

Información e inscricións:
Fundación Galicia Emigración
Rúa do Vilar, 15-Baixo – 15705 – Santiago de Compostela
formacion@fundaciongaliciaemigracion.es
Tel: 981 55 44 63
Fax: 981 55 46 12