Programa Formativo de Redes Socias na Web e Técnicas de Hardware da Fundacion Galicia Emigracion

Listen to this page using ReadSpeaker
928 lecturas
A Fundación Galicia Emigración desenvolve en Zürich (Suiza), un Programa Formativo de REDES SOCIAS NA WEB E TÉCNICAS DE HARDWARE, co obxectivo de proporcionar unha capacitación que potencie a vinculación dos emigrantes galegos con Galicia e favoreza tamén a súa inserción laboral e promoción profesional. Descargue aquí o formulario de inscrición.

Beneficiarios: Emigrantes galegos e os seus descendentes ata segundo grado de consanguinidade, residentes en Suiza, maiores de 18 anos  e con nacionalidade española.

Duración: 100 leccións de 45 minutos cada unha, en horario de fin de semana.

Contidos:

a) REDES SOCIAS NA WEB (40 leccións de 45 minutos cada unha).

  • MÓDULO 1: Navegación en Internet
  • MÓDULO 2: Utilización da comunicación virtual a través da Rede.
  • MÓDULO 3: Software de Comunicación: Facebook, Skype, Badoo, Messenger, Myspace e outros.
  • MÓDULO 4: Páxinas de Internet, Blogs, Foros: cal seleccionar e porqué.

b) TECNICAS DE HARDWARE (60 leccións de 45 minutos cada unha).

  • MÓDULO 1: Coñecementos básicos de matemáticas e sistemas de contabilidade.
  • MÓDULO 2: Funcionamento das partes dun ordenador.
  • MÓDULO 3: Partes internas dun PC.
  • MÓDULO 4: Procesadores.
  • MÓDULO 5: Intelixencia dos Pcs: Arquitectura e Memoria.
  • MÓDULO 6: Sistema de Memoria.
  • MÓDULO 7: Sistema Operativo.
  • MÓDULO 8: Introdución nas Redes.

Datas: Do fin de semana do 25 de setembro ata o 13 de novembro.

Horario: Fin de semana ( pendente de concretar).

Lugar: Zúrich (Suiza).

Prazas: 50 alumnos

Custo:  Totalmente Gratuíto.

Finalización prazo de inscrición: 21 de setembro de 2.010.

Información e inscricións:

Fundación Galicia Emigración
Rúa do Vilar, 15-Baixo – 15705 – Santiago de Compostela
formacion@fundaciongaliciaemigracion.es
Tel: 981 55 44 63
Fax: 981 55 46 12

Formulario de inscrición: (DOC / PDF)

Enviar por: