Programa Formativo Labores Básicas en Granxa Porcina da Fundación Galicia Emigración

Listen to this page using ReadSpeaker
1360 lecturas
A Fundación Galicia Emigración desenvolve en Xinzo de Limia (Ourense), un Programa Formativo de Labores Básicas en Granxa Porcina, no que participarán un total de 15 emigrantes retornados e inmigrantes, co obxectivo de proporcionar unha capacitación laboral que favoreza a súa inserción laboral e promoción profesional. Descargue aquí os formularios de inscrición.
Data de publicación: 
29.09.2010
Estado: 
Procedemento pechado

Descripción: Programa Formativo que capacita para a realización das tarefas necesarias para o mantemento e coidado dunha granxa porcina.

Beneficiarios: Emigrantes retornados e inmigrantes.

Duración: A duración será de 90 horas lectivas (20 horas de teoría e 70 horas de prácticas).

Contidos:

I.      Produción de porcos de recría e cebo.
II.     Manexo de leitóns e cebóns.
III.    A alimentación para o cebo. Normativa.
IV.   Prevención de enfermidades.
V.    Organización do traballo e rutinas en animais de recría e de cebo.
VI.   Instalacións, maquinaria e equipos de explotación gandeira.
VII.  Limpeza, desinfección, desinsectación, desratización e eliminación de residuos.
VIII. Hixiene e protección persoal.

Datas impartición e horarios: Do 18 de outubro ao 11 de novembro, en horario de 9:00 h. a 14:00 h.

Prazas: 15 alumnos

Prazo de inscrición: Do 29 de setembro ao 13 de outubro.

Custo:  Totalmente Gratuíto.

Formulario Inscrición: (DOC / PDF)
Enviar por

Información e inscricións:
Fundación Galicia Emigración
Rúa do Vilar, 15-Baixo – 15705 – Santiago de Compostela
formacion@fundaciongaliciaemigracion.es
Tel: 981 55 44 63
Fax: 981 55 46 12