Programa de axudas para a participación no Programa “Conecta con Galicia”, Actividades de Aire Libre no ano 2020

Listen to this page using ReadSpeaker
1485 lecturas
Información do programa “Conecta con Galicia”, actividades de aire libre dirixidos a mozos e mozas de orixe galega ou descendentes de galegos e que residan no exterior e formularios para a inscrición.
Resolución da convocatoria: 
RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2019, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regula e convoca para o ano 2020 o programa de axudas para a participación no programa “Conecta con Galicia” dirixido a mozos e mozas de orixe galega ou descendentes de persoas emigrantes galegas e que residan no exterior.
Entidade: 
Secretaría Xeral da Emigración
Data de publicación: 
24.02.2020
Estado: 
Procedemento pechado

Obxecto: Facilitar á mocidade da Galicia exterior o contacto coa realidade galega e o encontro cos seus familiares.

Requisitos esenciais dos participantes: mozos e mozas de entre 15 e 20 anos, residentes habituais fóra de Galicia, nacidos en Galicia ou descendentes de persoas emigrantes galegase con nacionalidade española.Os maiores de 18 anos acreditarán a súa vinculación cun concello galego no censo electoral de residentes ausentes.

Número de prazas convocadas e características - Actividades de aire libre:

Convócanse 174 prazas, con idades comprendidas entre os 15 e os 20 anos, no mes de xullo, co seguinte programa:

  1. “Cultura e camiño”, as persoas participantes aloxaranse cinco días, preferentemente, nas residencias xuvenís LUG II en Lugo e Florentino López Cuevillas en Ourense, participarán en actividades para coñecer o Patrimonio Histórico Cultural das respectivas zonas e percorrerán a pé o Camiño de Santiago en diferentes etapas ata chegar a Compostela.
  2.  “O mar de Galicia”, outros cinco días aloxaranse en zona de costa, preferentemente, no albergue xuvenil de Gandarío en Bergondo (A Coruña), onde realizarán actividades de náutica, de recreo e de coñecemento do medio mariño.
  3. Os dous días restantes visitarán empresas punteiras de Galicia.

Nestas 174 prazas inclúense 14 prazas para residentes no resto de España (excepto Galicia), e 6 para residentes no resto de Europa.

Financiamento: 

Este Programa cubre a totalidade dos gastos de aloxamento, manutención e desprazamentos en Galicia. Os custes dos billetes de ida e volta desde os países de orixe a Galicia financiaranse ao 100%, ao 50% ou ao 0%, segundo o establecido naresolución. Aquelas persoas participantes que opten polo financiamento do 0% deberán pagar elas todo o custe dos billetes de ida e volta desde os países de orixe a Galicia.

Prazas actividades ao aire libre 2020  (15-17 anos)
PAÍS Quendas Financiamento
1ª quenda 2ª quenda Total 100% 50% 0% Total
Arxentina 14 15 29 13 12 4 29
Brasil - 5 5 3 1 1 5
Cuba - - 0 - - - 0
Uruguai 17 2 19 10 6 3 19
Venezuela - 9 9 9 - - 9
Resto de América 3 3 6 3 2 1 6
Resto de España 2 2 4 - - 4 4
Resto de Europa 1 1 2 - 1 1 2
TOTAIS 37 37 74 38 22 14 74


 

Prazas actividades ao aire libre 2020  (18-20 anos)
PAÍS Quendas Financiamento
1ª quenda 2ª quenda Total 100% 50% 0% Total
Arxentina 19 15 34 17 13 4 34
Brasil 3 4 7 4 2 1 7
Cuba - 7 7 7 - - 7
Uruguai 10 4 14 10 3 1 14
Venezuela 5 13 18 18 - - 18
Resto de América 4 2 6 2 2 2 6
Resto de España 5 5 10 - - 10 10
Resto de Europa 2 2 4 - 2 2 4
TOTAIS 48 52 100 58 22 20 100

 

Lugar de presentación das solicitudes:

1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado accesible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

As persoas solicitantes que non posúan certificado electrónico e así o desexen poderán dirixirse ás entidades colaboradoras que se indican a seguir, nas cales existen persoas habilitadas para o efecto, para a presentación electrónica das súas solicitudes:

En Arxentina:

  • Delegación da Xunta de Galicia en Buenos Aires.

En Uruguai:

  • Delegación da Xunta de Galicia en Montevideo.

En Brasil:

  • Peña Gallega da Casa de España de Río de Janeiro.
  • Sociedad Hispano Brasileña de Socorros Mutuos e Instrucción de São Paulo.
  • Sociedad de Socorros Mutuos y Beneficencia Rosalía de Castro en Santos.

En Cuba:

  • Federación de Sociedades Gallegas en La Habana.

En Venezuela:

  • Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas.

2. Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en cal­quera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

3. Na súa solicitude, as persoas interesadas farán constar a súa preferencia para o regreso en función da quincena en que vaian participar.

 

FORMULARIOS DE TRAMITACIÓN DE SOLICITUDES: picar aquí para acceder á Sede electrónica

 

Documentación que se xunta:

*Nota: Permite cubrir os datos directamente sobre o formulario e a continuación imprimir o documento. Non se pode gardar o documento xa que se perderán todos os cambios realizados.

NOTA IMPORTANTE SOBRE O PRAZO DE SOLICITUDE: Segundo o establecido no punto Sétimo do acordo da RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade ao acordo do Centro de Coordinación Operativa (Cecop), mediante o que se adoptan medidas preventivas en lugares de traballo do sector público autonómico como consecuencia da evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19, suspéndense os termos e interrómpense os prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do sector público. O cómputo dos prazos reiniciarase no momento en que perda vixencia o presente acordo ou, se é o caso, as prórrogas deste.

Finalización do prazo de presentación de solicitudes: 
24.03.2020