Programa de axudas para a participación no Programa “Aventúrate con Galicia”, no ano 2019

Listen to this page using ReadSpeaker
1923 lecturas
Información do programa “Aventúrate con Galicia”, actividades dirixidas a mozos e mozas de orixe galega ou descendentes de galegos/as que residan no exterior e formularios para a inscrición.
Resolución da convocatoria: 
Resolución do 27 de marzo de 2019, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regula e se convoca para o ano 2019 o programa de axudas para a participación no programa Aventúrate con Galicia, dirixido a mozos e mozas de orixe galega ou descendentes de persoas emigrantes galegas e que residan no exterior.
Entidade: 
Secretaría Xeral da Emigración
Data de publicación: 
04.04.2019
Estado: 
Procedemento pechado

Obxecto: Facilitar á mocidade da Galicia exterior o contacto coa realidade galega e o encontro cos/coas seus/súas familiares.

Requisitos esenciais dos/as participantes: mozos e mozas de entre 15 e 17 anos, residentes habituais fóra de Galicia, nacidos/as en Galicia ou descendentes de persoas emigrantes galegas.

Número de prazas convocadas e características:

  1. Actividades no mar - Gandarío: convócanse 20 prazas a realizar no Albergue Xuvenil de Gandarío (Bergondo) dependente da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social.
  2. Actividades de natureza, ambiente e mar: convócanse 20 prazas a realizar no Albergue Xuvenil de Area (Viveiro) dependente da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social.
  3. Actividades de Aventura T: convócanse 10 prazas a realizar no Campamento Xuvenil de Chacotes (Palas de Rei) dependente de la Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social.

Viaxe a Galicia: 
Cada unha das persoas beneficiarias farase cargo da organización e pagamento dos custos da súa viaxe de ida e de volta aos seus lugares de residencia. Igualmente realizará as xestións necesarias para a saída e a entrada ao país (visados, pagamento de taxas...). Estas viaxes serán, en todo caso, con destino e orixe a Galicia.

FORMULARIOS DE TRAMITACIÓN DAS SOLICITUDES: picar aquí para acceder á Sede Electrónica

 

Documentación para descargar:

Lugar de presentación das solicitudes:
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. 
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Na súa solicitude, as persoas interesadas optarán unicamente por unha das modalidades ofertadas. 

Para obter máis información sobre a convocatoria os/as interesados/as deben dirixirse, segundo os países de residencia, ás entidades seguintes:

  • En Arxentina: 
    Delegación da Xunta de Galicia en Bos Aires
  • En Uruguai: 
    Delegación da Xunta de Galicia en Montevideo
  • En Brasil:
    Peña Galega da Casa de España de Río de Janeiro.
    Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mutuos e Instruçao de São Paulo.
    Sociedade de Socorros Mutuos e Beneficente Rosalía de Castro en Santos.
  • En Cuba:
    Federación de Sociedades Galegas en La Habana.
  • En Venezuela:
    Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas.
Finalización do prazo de presentación de solicitudes: 
06.05.2019