Programa de axudas para a participación no Programa “Aventúrate con Galicia”, no ano 2016

Listen to this page using ReadSpeaker
3254 lecturas
Información do programa “Aventúrate con Galicia”, actividades dirixidas a mozos e mozas de orixe galega ou descendentes de galegos/as e que residan no exterior e formularios para a inscrición.
Resolución da convocatoria: 
Resolución do 27 de abril de 2016, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regula e convoca para o ano 2016 o programa de axudas para a participación no programa “Aventúrate con Galicia” dirixido a mozos e mozas de orixe galega ou descendentes de persoas emigrantes galegas e que residan no exterior.
Entidade: 
Secretaría Xeral da Emigración
Data de publicación: 
09.05.2016
Estado: 
Procedemento pechado

Obxecto: Facilitar á mocidade da Galicia exterior o contacto coa realidade galega e o encontro cos/coas seus/súas familiares.

Requisitos esenciais dos/as participantes: mozos e mozas de entre 14 e 17 anos, residentes habituais fóra de Galicia, nacidos/as en Galicia ou descendentes de persoas emigrantes galegas.

Número de prazas convocadas e características:

  1. Actividades no mar-Gandarío: convócanse 20 prazas, a realizar no Albergue Xuvenil de Gandarío (Bergondo) dependente da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social
  2. Actividades de Naturaleza-medioambiente e mar: convócanse 20 prazas a realizar no Albergue Xuvenil de Area (Viveiro) dependente da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social
  3. Actividades de Aventura T: convócanse 10 prazas a realizar no Campamento Xuvenil de Chacotes (Palas de Rei) dependente de la Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social.

Viaxe a Galicia:
Cada unha das persoas beneficiarias farase cargo da organización e pagamento dos custos da súa viaxe de ida y de volta aos seus lugares de residencia.  Igualmente realizará as xestións necesarias para a saída e a entrada ao país (visados, pagamento de taxas...). Estas viaxes serán, en todo caso, con destino e orixe a Galicia.

Lugar de presentación das solicitudes:

  1. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario electrónico normalizado que figura como anexo III desta resolución, accesible desde a Sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes
  2. Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia
  3. Na súa solicitude, as persoas interesadas optarán unicamente por unha das modalidades ofertadas
  4. O modelo normalizado de solicitude tamén poderá obterse na páxina web http://emigracion.xunta.gal

5. A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Para obter máis información sobre a convocatoria os/as interesados/as deben dirixirse, segundo os países de residencia, ás entidades seguintes:

  • En Arxentina: Delegación da Xunta de Galicia en Buenos Aires
  • En Uruguai: Delegación da Xunta de Galicia en Montevideo
  • En Brasil:
    -Peña Galega da Casa de España de Río de Janeiro
    -Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mutuos e Instrucción de São Paulo
    -Sociedade de Socorros Mutuos e Beneficencia Rosalía de Castro en Santos
  • En Cuba: Federación de Sociedades Gallegas na Habana
  • En Venezuela: Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas

FORMULARIOS DE TRAMITACIÓN DAS SOLICITUDES: picar aquí para acceder á Sede Electrónica

Texto íntegro da convocatoria no D.O.G. (picar aquí para descargar)

Finalización do prazo de presentación de solicitudes: 
09.06.2016