Prazo de presentación de novas inscricións e actualización das listas de formadores para impartir seminarios fóra de Galicia durante ano 2011.
De acordo coa resolución do 13 de maio de 2008 (art. 10º), poderanse presentar novos méritos e novas solicitudes de inscrición dúas veces ao ano, unha antes da data do 15 de xuño, e outra antes da data do 15 de decembro.
Tendo en conta que a finalización do prazo de presentación de solicitudes das entidades galegas do exterior para os seminarios de baile, música, obradoiros artesanais e cociña galega rematou o 31 de xaneiro deste ano, informase que ata o 17 de febreiro inclusive poderán presentar documentación ou novas inscricións, a efectos de baremar e actualizar as listas definitivas que se terán en conta para a programación dos seminarios que se realizarán durante o ano 2011.
Texto íntegro da convocatoria e formulario de inscrición (picar aquí para descargar).
Nota: para cubrir o formulario é preciso imprimir o documento e logo cubrilo de forma manuscrita.
Lugar de Presentación da documentación:
Preferentemente por fax dirixido ao Servizo de Acción Socio-Cultural da Secretaría Xeral da Emigración (nº +34 981 547 295) ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38º.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.




