Prazo de presentación de novas inscricións e actualización das listas de formadores/as para impartir seminarios fóra de Galicia durante o ano 2012

Listen to this page using ReadSpeaker
1947 lecturas
Información e formularios de inscrición.
Resolución da convocatoria: 
Resolución do 13 de maio de 2008, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se establece unha convocatoria de listas de formadores colaboradores para impartir seminarios fóra de Galicia, promovidas por esta secretaría xeral.
Entidade: 
Secretaría Xeral da Emigración
Data de publicación: 
30.01.2012
Estado: 
Procedemento pechado

De acordo coa resolución do 13 de maio de 2008 (art. 10º), poderanse presentar novos méritos e novas solicitudes de inscrición dúas veces ao ano, unha antes da data do 15 de xuño, e outra antes da data do 15 de decembro.

Infórmase que ata o 14 de febreiro (inclusive) deste ano as e os formadores poderán presentar documentación ou novas inscricións, a efectos de baremar e actualizar as listas definitivas que se terán en conta para a programación dos seminarios que se realizaran durante o ano 2012.

Texto íntegro da convocatoria e formulario de inscrición (picar aquí para descargar).

Nota: para cubrir o formulario é preciso imprimir o documento e logo cubrilo de forma manuscrita.

Finalización do prazo de presentación de solicitudes: 
14.02.2012