Obradoiros de folclore, artesanía, cociña e seminarios de cultura galega. Ano 2014

Listen to this page using ReadSpeaker
4288 lecturas
Información e formularios de inscrición. A Secretaría Xeral da Emigración, co obxectivo de potenciar os costumes e tradicións galegos e posibilitar que os galegos e as galegas que residen no exterior manteñan os vínculos coa cultura de Galicia, convoca distintos obradoiros formativos de folclore, artesanía, cociña e seminarios de cultura galega, que se realizarán nas entidades galegas do exterior, de xeito que se manteña viva a nosa identidade e se promocione a nosa cultura na Galicia exterior.
Resolución da convocatoria: 
Resolución do 10 de marzo de 2014, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras para o desenvolvemento de obradoiros de folclore, artesanía, cociña e seminarios de cultura galega, en colaboración coas entidades galegas do exterior, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014.
Entidade: 
Secretaría Xeral da Emigración
Data de publicación: 
14.03.2014
Estado: 
Procedemento pechado

Destinatarios/as:

  • Poderán solicitar a organización destes obradoiros as entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador, ou ben unha agrupación, federación ou unión destas entidades, co fin de poñer en común os medios e recursos dispoñibles
  • Os obradoiros de folclore están dirixidos ás entidades que teñan grupos ou escolas de folclore constituídas da modalidade solicitada
  • Os obradoiros artesanais están dirixidos ás entidades que teñan un taller no cal un grupo de persoas se dedique a desenvolver esas actividades.
  • Os obradoiros de cociña e os seminarios de cultura galega están dirixidos a entidades que conten con instalacións e equipamentos axeitados para o seu desenvolvemento e teñan entre os seus obxectivos a promoción e difusión dos costumes e cultura de Galicia

Modalidades convocadas:

  • Obradoiros de baile
  • Obradoiros de gaita
  • Obradoiros de percusión
  • Obradoiros de pandeireta e canto
  • Obradoiros de carácter artesanal (encaixe de palillos e confección de traxes tradicionais)
  • Obradoiros de cociña galega
  • Seminarios de cultura galega: tradición e modernidade

Características do programa:

  • Os obradoiros desenvolveranse nas instalacións das entidades galegas, serán de formación intensiva e de carácter participativo, impartidos por profesionais con relevante experiencia nas distintas modalidades
  • Os/as profesores/as serán designados pola Secretaría Xeral da Emigración de conformidade co establecido nesta resolución e na Resolución do 11 de febreiro de 2013, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regula o procedemento para a elaboración de listas de formadores colaboradores para impartiren seminarios fóra de Galicia e se abre o prazo para a inscrición de candidatos (DOG nº 37 do 21 de febreiro)
  • Non poderá ser designado/a o/a mesmo profesor/a para impartir máis de 2 cursos continuados na mesma entidade
  • A Secretaría Xeral da Emigración, no caso de non dispor de formadores/as nas listas e  para  o  desenvolvemento dos obradoiros de cociña ou artesanais e de seminarios de cultura galega, poderá realizar convenios de colaboración con institucións públicas ou privadas radicadas en Galicia que sexan referentes nas respectivas modalidades.

FORMULARIOS DE TRAMITACIÓN DAS SOLICITUDES: picar aquí para acceder á Sede Electrónica

Convocatoria no D.O.G. (picar aquí para descargar)
 

Lugar e prazo de presentación de solicitudes:

  1. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado que figura como anexo I desta resolución, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia
    Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións públicas e do procedementos administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Igualmente se poderán presentar nas delegacións da Xunta de Galicia en Bos Aires e Montevideo, nas oficinas consulares, así como nos consulados ou seccións consulares das embaixadas correspondentes ao domicilio ou residencia da entidade solicitante.
    En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á de peche da convocatoria. Deberá remitirse á Secretaría Xeral da Emigración, sita na Rúa Basquiños 2, 15704 Santiago de Compostela.
    A documentación complementaria poderase presentar electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
  2. As entidades poderán solicitar, por orde de preferencia,  a organización de ata 3 cursos das modalidades convocadas. Tamén poderán propoñer a un/unha profesor/a para que imparta o correspondente curso sempre que estea incluído nas listas de formadores/as á que fai referencia o artigo 3 desta resolución, na modalidade solicitada.
    Non se poderán solicitar modalidades realizadas na entidade de maneira consecutiva nas dúas últimas convocatorias.
    Para poder solicitar a organización destes obradoiros, deberase acreditar un ano de funcionamento ininterrompido dentro dos tres últimos anos previos á solicitude, de grupos ou escolas da modalidade solicitada.
  3. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
    Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fóra inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
Finalización do prazo de presentación de solicitudes: 
14.04.2014