Curso de Formación para Axentes de Cooperación en Entidades Galegas
Obxectivo do curso: Fortalecer como axentes de cooperación internacional para o desenvolvemento aos Centros Galegos de Arxentina co fin de que os participantes poidan comprender a dinámica da cooperación internacional para o desenvolvemento e as súas principais metodoloxías de traballo, de cara á elaboración e presentación das súas propostas propias.
Datas: Do 18 ao 22 de outubro de 2010
Desenvolvemento do curso: Cinco sesións de tres horas de duración cada unha, en horario de tarde, de 18:30h a 21:30h
Lugar de Celebración:
Centro Galicia de Buenos Aires
Bartolomé Mitre, 2538-Bos Aires
Numero de asistentes e perfil destes: Máximo 25 participantes. Valorarase a asistencia de persoal técnico con experiencia en xestión presupostaria e de expedientes administrativos.
Programa do curso:
1º Sesión: Introdución á cooperación ao desenvolvemento. A Lei 3/2003 Galega de Cooperación ao Desenvolvemento. O II Plan Director da Cooperación Galega 2010-2013.
Relator: Jorge Menchaca, consultor
2º Sesión: Presentación de proxectos de cooperación ao desenvolvemento por parte de institucións arxentinas
Relatores: por definir
3ª Sesión e 4ª: Metodoloxías de traballo en Cooperación ao Desenvolvemento: o enfoque de marco lóxico.
Relator: Jorge Menchaca, consultor
5ª Sesión: Os instrumentos de axuda da Xunta de Galicia: A convocatoria publica anual de subvencións para proxectos de cooperación no exterior
Relator: Pilar García Quince, Subdirección Xeral de Cooperación Exterior, Xunta de Galicia
Inscrición: Descargar formulario (picar aquí)
Cubrir e enviar:
- e-mail a galiciaaberta@xunta.es
- fax ao nº + 34 981 547 297



