Curso de Auxiliar de Enfermería de Xeriatría 2009

Listen to this page using ReadSpeaker
1234 lecturas
A Secretaría Xeral de Emigración convoca los cursos de Auxiliar de Enfermería de Xeriatría para o ano 2009, que se celebrarán en Bos Aires e Montevideo.
Entidade convocadora: 
Secretaría Xeral da Emigración

Nome do programa: Curso de Auxiliar de Enfermería de Xeriatría 2009.

Destinatarios: Cidadáns galegos e os seus descendentes ata o segundo grao de consanguinidade residentes fóra de Galicia que cumpran os requisitos esixidos para cada unha das modalidades convocadas.

Características:

Módulos do curso:

  • Modulo I. Organización dos recursos materiais nunha unidade/servizo
  • Modulo II. Comunicación e atención ao paciente
  • Modulo III. Coidados básicos de xeriatría
  • Modulo IV. Coidados terapéuticos en xeriatría
  • Modulo V. Atención especializada ao ancián.

Cursos convocados:

Denominación da acción formativa Localización Nº alumnos Nº de horas Destinatarios
Auxiliar de enfermería de xeriatría Centro Gallego de Buenos Aires (Fundación Galicia Saúde) Arxentina 20 +10 (reserva) 200 Mozos e mozas menores de 35 anos
Auxiliar de enfermería de xeriatría Centro Gallego de Buenos Aires (Fundación Galicia Saúde) Arxentina 20 +10 (reserva) 200 Mulleres
Auxiliar de enfermería de xeriatría Casa Galicia de Montevideo (Uruguai) 20 +10 (reserva) 200 Mulleres

 

Temática e duración: Terán unha duración equivalente en horas lectivas de 200 horas (70 horas de formación teórica , 120 horas de formación práctica e 10 horas de avaliación). Impartiranse nun período mínimo de 6 semanas e máximo de 12 semanas.

A Secretaría Xera de Emigración, co obxecto de promover a inserción laboral e a promoción profesional das mulleres e mozos e mozas galegas e dos seus descendentes residentes no exterior, convoca tres cursos presenciais de formación profesional (auxiliar de xeriatría) en Bos Aires (Arxentina) e Montevideo (Uruguai).

Solicitudes e documentación: Os interesados deberán cubrir o formulario de matrícula telemática dispoñible no portal da Secretaría Xeral de Emigración (prazo pechado).

Unha vez validadas e impresas as solicitudes, deberán asinarse e remitirse á Secretaría Xeral de Emigración (Basquiños, nº2. 15704 Santiago de Compostela, A Coruña), preferentemente por correo electrónico á dirección entidadesgalegas@xunta.es, previamente escaneadas ou vía fax (0034 981 957 399). Tamén se poderán presentar na Delegación da Xunta de Galicia en Bos Aires (Rúa 25 de Maio, 555PB) e nas oficinas de correos.

Xunto coa solicitude presentarase a seguinte documentación:

  • Fotocopia do DNI, pasaporte en vigor ou outro documento acreditativo da identidade e nacionalidade do solicitante.
  • Documentación xustificativa que acredite a súa condición de Galego ou ascendencia galega ata o segundo grado de consanguinidade así como a súa residencia fóra de Galicia.

É requisito previo estar inscritos como usuarios no portal da Secretaría Xeral de Emigración (www.galiciaaberta.com)

Certificados:

Requisitos para superar o curso e expedición do diploma acreditativo:

  • Adecuada realización das actividades
  • Superar unha avaliación continuada

Lugar de realización:

  • Bos Aires
  • Montevideo

Prazo de presentación: 20 días dende o día seguinte ao da súa publicación. A data límite para a presentación de preinscriciones de matrícula finaliza o 17 de decembro de 2008.

Resolución no DOG: Resolución do 13 de novembro de 2008, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se convocan varios cursos de formación, especialidade en auxiliar de enfermaría de xeriatría, destinados aos cidadáns galegos residentes no exterior.

Promovido por: Secretaria Xeral da Emigración

Ano: 2009

Documentación: Resolución do 13 de novembro de 2008

Cartel.- Pincha aquí.

Tríptico exterior.- Pincha aquí.

Tríptico interior.- Pincha aquí

Listados: Consultar as listas definitivas de admitidos