Bolsas para a realización de estudios universitarios e de formación profesional 2009

Listen to this page using ReadSpeaker
823 lecturas
Resolución do 25 de xuño de 2009, da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia, pola que se establecen e se regulan os programas de becas destinados aos cidadáns galegos residentes no exterior para a realización de estudios universitarios e de formación profesional durante o curso académico 2009-2010.
Entidade convocadora: 
Secretaría Xeral da Emigración
Data de publicación: 
02.07.2009
Estado: 
Procedemento pechado

Nome do programa: Bolsas de estudios universitarios e de formación profesional 2009

Destinatarios: Galegos e os seus descendentes ata segundo grao, que cumpran os seguintes requisitos:

 A.- Nova adxudicación

  • Estudios universitarios de primeiro e segundo ciclo.
    • Residencia no estranxeiro do solicitante.
    • Estar admitido/a para cursar estes estudios en calquera das tres universidades galegas.
    • Estar matriculado/a en, como mínimo, 50 créditos.
  •  Estudios de terceiro ciclo ou máster.
    • Residencia no estranxeiro do solicitante.
    • Estar admitido/a no curso 2009/10 nun programa de terceiro ciclo o nun máster universitario en calquera das universidades galegas.
  • Estudios de Formación Profesional.-
    • Residencia no estranxeiro do solicitante.-
    • Estar matriculado/a nalgún ciclo formativo de grao superior nun centro público ou privado da Comunidade Autónoma de Galicia que teña estas ensinanzas concertadas.

B.- Prórroga

  • Estudios universitarios en todas as súas modalidades.-
    • Residencia familiar no estranxeiro.
    • Ter superado o 75% das materias ou créditos nos que estivo matriculado no curso anterior
    • No caso de estudios de primeiro ou segundo ciclo, estar matriculado/a en, como mínimo, 50 créditos.

Características:

Obxecto: Esta resolución ten por obxecto a convocatoria, de bolsas para estudios universitarios e de formación profesional de grao superior. 

Programas:

Programa 1: bolsas para a realización de estudios universitarios de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional en calquera das tres universidades de Galicia (nova adxudicación ou prórroga).

Programa 2: bolsas para a realización de estudios de terceiro ciclo (etapa de formación) e para a realización de ensinanzas conducentes á obtención do título de máster universitario en calquera das tres universidades de Galicia (nova adxudicación ou prórroga).

Programa 3: bolsas para a realización de estudios de formación profesional de grao superior en centros docentes públicos e centros privados da Comunidade Autónoma de Galicia que teñan estas ensinanzas concertadas.

Prazo de presentación: Ata o 1 de agosto de 2009 

Resolución: Resolución do 25 de xuño de 2009, da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia, pola que se establecen e se regulan os programas de becas destinados aos cidadáns galegos residentes no exterior para a realización de estudios universitarios e de formación profesional durante o curso académico 2009-2010.

Convocatoria: Diario Oficial de Galicia, do 1 de xullo de 2009

Promovido por: Secretaria Xeral da Emigración 

Ano: 2009 

Contacto:

Secretaría Xeral da Emigración

Documentación:

Data de publicación: 02 de Xulo de 2009